Estudantes de secundaria e persoas con parálise
O proxecto Talentos Inclusivos ten un dobre obxectivo: espertar vocacións científicas entre estudantes de educación secundaria e dar a coñecer a realidade da discapacidade. A través de equipos colaborativos formados por estudantes e usuarios/as de ASPACE Coruña resolveranse retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida.
Talentos Inclusivos é unha iniciativa desenvolvida polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña e ASPACE Coruña, conta co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), o Consello Social da Universidade da Coruña, a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello da Coruña.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible