Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
2000 horas
Información xeral
Familia profesional: Informática e Comunicacións
Referente Europeo: CINE-5b
Requisitos
Título de Bacharel da LOE.
Título de Bacharel da LOXSE.
2º curso do bacharelato experimental.
Curso de Orientación Universitaria (COU) ou Preuniversitario (PREU).
Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma, utilizando tecnoloxías e contornos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
Sectores: entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
Profesións para as que capacita: Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio; desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral; desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil
Plano de estudos
HORAS TOTAIS
DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
1º curso
133
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información
186
Sistemas informáticos
187
Bases de datos
240
Programación
107
Contornos de desenvolvemento
107
Formación e orientación laboral
2º curso
157
Acceso a datos
140
Desenvolvemento de interfaces
123
Programación multimedia e dispositivos móbiles
70
Programación de servizos e procesos
53
Empresa e iniciativa emprendedora
26
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
384
Formación en centros de traballo
Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible