Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros - ADICAE

Enderezo:

Avda. Oza 45, Entr. 15006 A Coruña

Teléfono:

881 888 177

881 913 654

Fax:

881 913 654

Páxina web:

http://www.adicae.net

CIF/NIF:

G15920184

Servizos:

Oficina de información, asesoramento e mediación no ámbito do consumo financeiro e de seguros: actuacións encamiñadas ao asesoramento dos consumidores e usuarios.

Actuacións de sensibilización: talleres formativos, asembleas informativas e cursos de aforro-investimento.

Observatorio sobre servizos financeiros e de seguros: análise dos resultados sobre o cumprimento da normativa, as prácticas comerciais e documentación que puidese supoñer unha vulneración dos dereitos das persoas consumidoras, propoñendo ás empresas o cumprimento das súas obrigas e verificando, se é o caso, a súa corrección, en materia de servizos financeiros e de seguros.

COORDINADORA GALICIA: Iria Aguete Agulla

NORMATIVA

Sector bancario:

Lei 10/2009, de 30 de decembro, de modificación do Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das Leis 7/1985, do 17 de xullo e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia, publicada no DOG nº 2 do 5 de xaneiro de 2010 e no BOE nº 47 do 23 de febreiro de 2010.

Lei 6/2010, do 29 de setembro, pola que se inclúe unha disposición transitoria sexta na Lei 10/2009, do 30 de decembro, de modificación do Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das Leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia, publicada no DOG nº 191 do 1 de outubro de 2010.

Orde EHA/2899/2011, de 28 de outubro, de transferencia e protección do cliente de servizos bancarios, publicada no BOE nº 261 do 29 de outubro de 2011. Corrección de erros, publicada no BOE nº 291 do 3 de decembro de 2011.

Lei 16/2009, de 13 de novembro, de servizos de pago, publicada no BOE nº 275 do 14 de novembro de 2009.

Lei 16/2011, de 24 de xuño, de contratos de crédito ao consumo, publicada no BOE nº 151 do 25 de xuño de 2011.

Real Decreto-lei 2/2011, de 18 de febreiro, para o reforzamento do sistema financeiro, publicado no BOE nº 43 do 19 de febreiro de 2011.

Real Decreto-lei 2/2012, de 3 de febreiro, de saneamento do sector financeiro, publicado no BOE nº 30 do 4 de febreiro de 2012. Corrección de erros, publicada no BOE nº 39 do 15 de febreiro de 2012.

Lei 9/2012, de 14 de novembro, de reestruturación e resolución de entidades de crédito, publicada no BOE nº 275 do 15 de novembro de 2013.

Lei 26/2013, de 27 de decembro, de caixas de aforro e fundacións bancarias, publicada no BOE nº 311 do 28 de decembro de 2013.

Hipotecas:

Real Decreto 716/2009, de 24 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 2/1981, de 25 de marzo, de regulación do mercado hipotecario e outras normas do sistema hipotecario e financeiro, publicado no BOE nº 107 do 2 de maio de 2009. Corrección de erros, publicada no BOE nº 211 do 31 de agosto de 2010.

Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos, publicado no BOE nº 60 do 10 de marzo de 2012.

Lei 8/2012, de 30 de outubro, sobre saneamento e venda dos activos inmobiliarios do sector financeiro, publicada no BOE nº 262 do 31 de outubro de 2012.

Real Decreto-lei, de 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, publicado no BOE nº 276 do 16 de novembro de 2012.

Resolución de 8 de xaneiro de 2013, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica a lista de entidades que comunicaron a súa adhesión voluntaria ao Código de Boas Prácticas para a reestruturación viable das débedas con garantía hipotecaria sobre a vivenda habitual, publicada no BOE nº 9 do 10 de xaneiro de 2013.

Lei 1/2013, de 14 de maio, de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social, publicada no BOE nº 116 do 15 de maio de 2013. Corrección de erros, publicada no BOE nº 123 do 23 de maio de 2013.

Orde de 16 de maio de 2013 pola que se determina como colectivo de atención preferente con axudas excepcionais ás persoas afectadas por execucións hipotecarias no marco do Programa Aluga, publicada no DOG nº 103 do 31 de maio de 2013.

Resolución de 5 de xullo de 2013, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica a lista de entidades que comunicaron a súa adhesion ao Código de Boas Prácticas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social; e a lista de entidades para a reestruturación viable das débedas con garantía hipotecaria sobre a vivenda habitual, publicada no BOE nº 166 do 12 de xullo de 2013.

    Registro municipal de asociaciones coruñesas:

    Consumo

    Datos no rexistro REMAC

    Número de rexistro: 513

    Data de alta: 8 de maio de 2015

    Data actualización: 2 de febreiro de 2017

        Non perdas

        Non perdas

        Que che parece esta sección?

        -101-101-101

        Síguenos en

        Tes un navegador demasiado antigo!

        Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

        Iniciar sesión