Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Subdelegación do Goberno na Coruña

Enderezo:

Avda. de la Marina 23. 15001 A Coruña

Teléfono:

981 989 300

981 989 313 (secretaría particular)

Fax:

981 989 249

981 989 352 (secretaría particular)

Páxina web:

http://www.seap.minhap.gob.es

Horario:

Inverno (17 setembro a 15 de xuño):

Luns a venres de 09:00 h a 17:30 h. Sábado de 09:00 h a 14:00 h

24 e 31 de decembro: 09:00 h a 14:00 h (só rexistro de garda)

Verán (16 de xuño ao 16 de setembro):

Luns a venres de 08:00 h a 15:00 h. Sábado de 09:00 h a 14:00 h

Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto):

Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

TITULARIDADE: Ministerio de Política Territorial e Función Pública

SERVIZOS DO REXISTRO

Actúa como rexistro de entrada para as solicitudes, escritos e comunicacións que a cidadanía lles dirixa aos órganos das Administracións Públicas (local, autonómica e central), segundo o Decreto-lei 8/2011, do 1 de xullo, de medidas de apoio aos debedores hipotecarios, de control do gasto público e cancelación de débedas con empresas e autónomos contraídas polas entidades locais, de fomento da actividade empresarial e impulso da rehabilitación e de simplificación administrativa (art. 27), publicado no BOE núm. 161 do 7 de xullo de 2011.

TRÁMITES PARA REALIZAR NA OFICINA DE INFORMACIÓN E REXISTRO

  • Autorización para a realización de manifestacións e concentracións (competencia da Unidade de Dereitos Cidadáns e Seguridade Cidadá)
  • Solicitude Auxilio de Forza Pública Actos realizados na vía pública (actos deportivos, concentracións etc.) que requiran do apoio das Forzas de Seguridade do Estado
  • Autorización de Voos Publicitarios (competencia Axencia de Seguridade Aérea - Ministerio de Fomento)
  • Declaración de conduta cidadá. Declaración xurada mediante a cal, e baixo responsabilidade da persoa interesada, declárase o non estar inculpado ou procesado por ningún delito (o impreso facilítase no Rexistro da Subdelegación do Goberno)
  • Tramitación de axudas en situación de urxencia e catástrofes (competencia da Unidade de Protección Civil)
  • Axudas para vítimas do terrorismo
  • Información sobre ofertas de emprego público, bolsas, axudas e subvencións
  • Información sobre lexislación e relacións coas administracións territoriais
  • Rexistro de asociacións de ámbito estatal

SERVIZOS DE TRADUTORES-INTÉRPRETES XURADOS

Os tradutores-intérpretes xurados son nomeados polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, logo do previo exame das persoas candidatas, e as traducións ao español que realicen terán carácter oficial, e só serán sometidas a revisión pola Oficina de Interpretación de Linguas cando o esixan as autoridades competentes.

Realizarán a tradución dos seguintes documentos:

  • Os que lle remitan para ese efecto o Ministerio, o subsecretario ou a Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Asuntos Exteriores.
  • Os cursados a través da Subsecretaría de Asuntos Exteriores por outros organismos oficiais, cando as traducións teñan que publicarse con carácter oficial ou teñan que facer fe ante as autoridades ou tribunais.
  • Os que lle remitan as autoridades xudiciais españolas.
  • Os que lle remitan os tribunais ou lle presenten persoas particulares en caso de inpugnación da tradución.
  • Os cursados por conduto das autoridades españolas que actúen como remitentes ou persoas destinatarias para a práctica de dilixencias en execución de convenios internacionais dos que non resulte obrigada a tramitación en español.

LISTAXE DE TRADUTORAS/ES-INTÉRPRETES XURADOS NOMEADOS POLO MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN

Provincia da Coruña

Resto de provincias:

Listaxe de tradutoras/es-intérpretes xuradas/os nomeadas/os polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación (resto de provincias)

BIBLIOTECA ESPECIALIZADA EN FONDOS ADMINISTRATIVOS

  • Revistas
  • Libros
  • Boletín Oficial do Estado - BOE
  • Boletín Oficial da Provincia - BOP
  • Diario Oficial de Galicia - DOG
  • Boletín Oficial do Congreso
  • Boletín Oficial do Senado
  • Boletín Oficial da Unión Europea
  • Boletíns dos Ministerios de Defensa, Facenda e Xustiza

SUBDELEGADA DO GOBERNO: Da. Pilar López-Rioboo Ansorena

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión