Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ensinos Artísticos de Danza

Os ensinos artísticos de Danza teñen como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros e as futuras profesionais da danza. Os ensinos de Danza teñen ademais a consideración de ensinos de réxime especial.

Os ensinos de Danza organízanse en:

  • Ensinos elementais
  • Ensinos profesionais
  • Ensinos superiores

Á marxe destes ensinos, poden cursarse estudos de Danza que non conduzan á obtención de títulos con validez académica ou profesional en escolas específicas, con organización e estrutura diferentes e sen limitación de idade.

Ensinos elementais

A finalidade é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión dancística adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao aos ensinos profesionais.

Organízase en 4 cursos coas materias seguintes:

  • Danza clásica.
  • Danza de carácter.
  • Danza galega.
  • Introdución á danza contemporánea.
  • Introdución á danza española e ao baile flamenco.
  • Música.

Acceso

Para acceder aos ensinos elementais será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso.

Ao finalizar este grao obtense un Certificado de Ensinos Elementais.

Ensinos profesionais

Os ensinos profesionais de Danza son estudos especializados dirixidos a alumnos e alumnas cuxa meta é o exercicio profesional e, por tanto, posúen as aptitudes e a vontade necesarias para dedicarse a eles.

Duración: organízanse nun grao de 6 cursos académicos. O currículo dos ensinos profesionais de danza referirase a cada unha das seguintes especialidades:

  • Baile flamenco.
  • Danza clásica.
  • Danza contemporánea.
  • Danza española.

Acceso

  • Mediante proba específica.
  • Pode accederse a cada curso dos ensinos profesionais de Danza sen cursar os anteriores sempre que, a través dunha proba, acódea aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os ensinos.

Titulación

Os alumnos e alumnas que superasen os ensinos profesionais de Danza obterán o Título Profesional de Danza no que constará a especialidade cursada.

Poderán obter o título de Bacharel na modalidade de Artes quen superase os Ensinos Profesionais de Danza e as materias comúns do bacharelato.

Conservatorio Profesional de Danza

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, foi creado en 1990, para poder ofrecer á mocidade que o demandaba unha formación pública de calidade, profesional e regulada que ata entón non existía na cidade.

Este Conservatorio está autorizado a impartir os ensinos Elementais e Profesionais. Especialidade: Danza Clásica.

Ensinos superiores

Son os ensinos do sistema educativo enmarcadas no Espazo Europeo de Educación Superior que teñen como finalidade a formación cualificada dos futuros e as futuras profesionais da danza.

Os ensinos artísticos superiores estrutúranse academicamente en tres niveles:

  • Título Superior
  • Máster
  • Doutoramento

Actualmente, non se poden cursar en Galicia.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión