Se o teu son os negocios, o mellor consello que che podemos dar é que che asesores. O Concello da Coruña pon á túa disposición un servizo de asesoramento gratuíto: /empresa/gl. Ponte en contacto con eles.
Aquí deixámosvos unha listaxe de webs de interese nas que poderedes atopar información clara e útil.
Información completa sobre creación e posta en marcha de empresas: decisión de emprender, plan de empresa, trámites administrativos e fiscais, financiamento, contratación de empregados, protección de datos, propiedade industrial, internacionalización...
O seu obxectivo principal é facilitar a localización e realización de trámites e requisitos a satisfacer para o inicio ou exercicio de actividades empresariais ou profesionais tendo en conta a forma xurídica elixida e a localización xeográfica.
Sistema de información que permite realizar de forma telemática os trámites de constitución e posta en marcha de determinadas sociedades mercantís en España e a constitución como persoa autónoma. Deberase cumprimentar o Documento único electrónico (DUE) que engloba multitude de formularios e, de forma automática, o STT realiza todos os trámites necesarios comunicándose con todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Seguridade Social, Axencia Española de Protección de Datos, Oficina Española de Patentes e Marcas, etc.).
Axudas e financiamento
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible