Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.

Que é Erasmus+?

Erasmus+ é o programa da Unión Europea no ámbito da educación, a formación, a mocidade e o deporte, que o 1 de xaneiro de 2014 substituíu ao Programa de Aprendizaxe Permanente (Xuventude en Acción e os programas de Educación Superior internacionais da UE con terceiros países).

Quen pode participar?

A participación no programa pode levarse a cabo de dúas maneiras: Organizacións (presentan e xestionan os proxectos) e Participantes (de forma xeral, estudantes, profesorado, formadores, persoas que realicen prácticas profesionais, persoas voluntarias, xente nova -entre 13 e 30 anos-, persoas traballadoras no ámbito da educación, a formación e a mocidade).

Cando se pon en marcha?

Xa está en marcha o programa que abarca o periodo 2021-2027.

En que proxectos podo participar?

No ámbito da xuventude e a educación non formal podes participar en:

  • Proxectos de mobilidade por motivo de aprendizaxe (Acción clave 1).
  • Proxectos de cooperación para a innovación e intercambio de boas prácticas (Acción clave 2).
  • Proxectos de apoio á reforma de políticas (Acción clave 3).

Que é o programa DiscoverEU?

DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que se enmarca nos proxectos da Acción Clave1 e ofrece ás mozas e aos mozos de 18 anos a oportunidade de viaxar en tren por Europa.  

Cando podo participar?

A convocatoria é periódica, normalmente no outono e na primavera.

Escoitei falar do Corpo Europeo de Solidariedade máis non sei moi ben que é

O Corpo Europeo de Solidariedade é unha iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é que a xente nova participe como voluntaria ou colaboren en proxectos que beneficien a comunidades e cidadáns de toda Europa.

Pero… que proxectos hai?

As accións que abarca o Corpo Europeo de Solidariedade son :

  • Voluntariado.
  • Proxectos solidarios.
  • Prácticas profesionais e emprego.

E que teño que facer para participar nun proxecto de voluntariado?

Se queres participar nun proxecto de voluntariado deberás rexistrarte no Portal do Corpo Europeo de Solidariedade. Debes ter 17 anos, pero non poderás comezar no proxecto ata que teñas cumpridos os 18. A idade tope para participar son os 30 anos.

Xa estou rexistrado e agora que fago?

Ben, o primeiro paso era inscribirse no Portal.

Segundo paso, buscar proxectos do teu interese.

Terceiro paso, solicitar a participación nalgún dos proxectos.

E todo isto faise -> https://europa.eu/youth/home_es

Miña curmá fixo o Camiño de Santiago e mandoume una postal desde Ribadeo, seica se trabucou de ruta?

Non, non se equivocou. O Camiño de Santiago non é un so camiño senón que hai diferentes rutas.

Ah, e que rutas hai?

A máis coñecida e transitada é o Camiño Francés que parte de Roncesvalles, e entra en Galicia polo Cebreiro.

O Camiño do Norte, ruta paralela á costa cantábrica, comeza en Galicia en Ribadeo.

O Camiño Primitivo, que une Oviedo e Santiago.

O Camiño do Sudeste-Vía da Prata, procede de Andalucía e Estremadura e avanza pola vía romana da Prata ata Astorga donde se xunta co camino Francés ou tamén se pode desviar cara a provincia de Ourense.

O Camiño Portugués, une Lisboa e Santiago.O Camiño Inglés, que parte da Coruña ou Ferrol.

O Camiño de Fisterra-Muxía, é una ruta que xurde seguindo a tradición dos/as peregrinos/peregrinas medievais que continuaban o camiño desde Santiago ata Fisterra (o antigo fin do mundo).

E por último existen dúas rutas máis: unha marítima polo mar de Arousa e río Ulla, e un camiño alternativo que seguían os/as antigos/as peregrinos/peregrinas para entrar en Galicia nos meses de inverno e evitar as neves da montaña; o Camiño de Inverno.

Como funcionan os albergues de peregrinas e peregrinos?

Ao longo das rutas hai diferentes tipos de aloxamento. Os máis recoñecibles son albergues que xestionan diferentes entidades (concellos, comunidades autónomas, cofradías, parroquias...). Para utilizar os albergues públicos precisas presentar a credencial do/a peregrino/peregrina.

A ver, pero teño que reservar ou chego e xa está?

Pois iso dependerá da entidade que o xestione ou de se é un albergue público ou privado, pero en xeral os albergues públicos non admiten reservas e as prazas dispoñibles vanse ocupando según van chegado os peregrinos e peregrinas.

Ademáis, hai que ter en conta que moitos albergues se manteñen grazas aos donativos, e que noutros, como no caso de Galicia que son de xestión da Xunta, xa hai establecido un prezo. Non é moito, máis hai que telo en conta.   

Que é e donde consigo a credencial do/a peregrino/peregrina?

É un documento que te identifica como camiñante a Santiago, e que che irán selando ao longo da ruta (nos propios albergues, parroquias, ...). Podes conseguir esta credencial nos albergues ao comezo da ruta.

E non preciso un carné de alberguista?

O Carné internacional de albergues serve para aloxarse en albergues que pertencen á rede internacional de albergues xuvenís Hostelling International www.hihostels.com Se ao longo da túa ruta hai algún albergue da rede e queres aloxarte nel, entón precisas este carné.

Como o podo conseguir?

O carné de alberguista ten dúas modalidades: físico, que podes obter nalguns servizos de xuventude e nos propios albergues, e dixital, que podes solicitar na páxina da rede española de albergués xuvenís (www.reaj.com) e descargar no teu móbil.     

Entón, se quero ir de viaxe ao estranxeiro, a parte do carné de alberguista, hai outros carnés ventaxosos para a mocidade?

Si, tes a posibilidade de tramitar diferentes carnés:

  • Carné Xove que ten implantación europea e ofrece descontos en transportes, comercios, cultura,... e inclúe un seguro de viaxes.
  • Carné Internacional de estudante (ISIC), con implantación en máis de 100 países por todo o mundo, podes obter descontos en entradas a museos, monumentos, vistas culturais, sitios para comer, trasnportes, aloxamentos...
  • Carné Internacional xove (IYTC), similar en canto a descontos ao ISIC, non é preciso ser estudante senón que hai que ser menor de 30 anos.       

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión