Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Charlas e debates
Persoas adultas
12/04/2018
Este evento xa rematou
de 19.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Este proxecto, "Dispositivo Migrante", indaga no proceso de construción do imaxinario simbólico e iconográfico da emigración galega a partir dun lugar concreto, o porto da Coruña. A investigación está centrada nas fotografías de Alberto Martí sobre a emigración recompiladas no traballo "Os Adeuses".
Charla-debate a cargo de Raquel Martínez Buján (Decana da Facultade de Socioloxía, UDC) e Guillermo Fernández Obanza "Mito" (Ecodesarrollo Gaia).
Na súa charla disertarán sobre como a Sagrada Familia se converteu nun barrio de recepción de inmigrantes e o desafío que iso supuxo para a integración deste colectivo na contorna.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema, de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou profundar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir indagando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e o botas de menos na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible