Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Tres de vinte e cinco: literatura, cinema e música

Tipo de actividade:

Concertos e recitais, Outras actividades

Tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

02/12/2016

Este evento xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.45 horas

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

bibliotecas@coruna.es

Tel.: 981 184 384

Ven cerrar connosco este ano no que celebramos o 25 aniversario da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña. Para esta ocasión, decidimos celebrar o aniversario xunto con outras dúas grandes institucións da cidade: o CGAI e a Orquestra Sinfónica de Galicia.

A clausura desta celebración dos 25 anos da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña realízase en conxunto con outras dúas institucións referentes na Coruña, que tamén cumpren 25: o CGAI e a Orquestra Sinfónica de Galicia.

Co título "Tres de vinte e cinco: literatura, cinema e música", o día 2 de decembro realízase unha acto de clausura e a inauguración dunha exposición de textos que fan referencia á importancia na nosa cidade e na sociedade actual de cada unha destas tres institucións, e que se poderá visitar ata o 7 de xaneiro na Casa da Cultura "Salvador de Madariaga" (Durán Loriga, 10).

O acto do día 2 comezará ás 18.45 horas, e contará coa participación de:

  • o Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixido por José Luis Vázquez,
  • o recital e as lecturas de Estíbaliz Espinosa, acompañada ao piano por Isabel Gómez.

Ao rematar isto, ás 20.30 horas no CGAI, proxectarase a película de Truffaut Farenheit 451.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión