Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

25 aniversario do inicio da Rede de bibliotecas municipais da Coruña

torre de hércules feita con libros

Imaxe do 25 aniversario do inicio da Rede de bibliotecas

O 13 de maio de 1991, un luns, abría ao público a primeira das bibliotecas municipais da cidade: a Biblioteca da Sagrada Familia. Dous días máis tarde, o mércores 15 de maio, facían o mesmo a Biblioteca Infantil e Xuvenil e a Biblioteca de Estudos Locais. Iniciábase, así, a Rede de Bibliotecas Municipais cun proxecto ben definido e obxectivos ambiciosos.

Vinte e cinco anos despois, a Rede está conformada por case 100 profesionais da información que se distribúen en 8 bibliotecas e 1 centro coordinador.

Hoxe, tras o percorrido, podemos constatar que o servizo de bibliotecas está plenamente integrado na comunidade herculina e que é moi valorado por toda a cidadanía e entidades locais. Por iso, o mesmo día 13 poderás levar todo o que queiras en préstamo. Sen límite!

Estes son, para nós, motivos suficientes para celebrar este aniversario tan especial e convidarte a asistir a calquera das actividades que programamos por este motivo e che mostramos nos cadros de abaixo:

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión