Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Achega

Require inscrición

Que é Achega?

ACHEGA: "A biblioteca como espazo inclusivo para persoas con diversidade funcional" é un programa que se desenvolve na Biblioteca Fórum en colaboración coa Asociación Participa para a Inclusión Social

Unha sociedade inclusiva ten a obriga de facilitar o acceso ao coñecemento e aos servizos culturais dos colectivos en risco de exclusión social é aquí onde as Bibliotecas deben tomar partido. Por iso a través de actividades de promoción da lectura pretendemos facer da Biblioteca Forum un espazo inclusivo, onde as persoas con diversidade funcional se sintan usuarios de pleno dereito.

A participación activa nas actividades culturais é un factor fundamental no proceso de axuste social das persoas afectadas. A saúde social supón un paso máis na normalización e convivencia ca diferencia.

Con Achega contribuimos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (recollidos na Axenda 2030). As bibliotecas teñen a misión de contribuir a reducir a desigualdade proporcionando espazo cívicos seguros e abertos a todas as persoas. Sento así un medio apoio para os grupos marxinados que teñen dificultades para acceder á información, ao coñecemento e á asistencia en todos os lugares.

"O principio de inclusión" é un dereito e unha necesidade de vivir en comunidade, estar presente nos mesmos lugares e utilizar os mesmos servizos, así como participar activamente na vida comunitaria.

A quen vai dirixido?

A grupos de persoas pertencentes a entidades de Diversidade Funcional da zona de influencia da Biblioteca Forum, interesadas en actividades inclusivas e de achega ao libro e á lectura.

Programación 2020: Elas tamén contan

ACHEGA visibilizará e dará voz a varias mulleres pioneiras en diversos eidos e disciplinas relacionadas coa cultura, as ciencias, as artes,o deporte e a literatura. Con esta temática queremos concienciar, visibilizar e contribuir a paliar un dos retos que ten a nosa sociedade recollido nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible o:

ODS 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e as nenas

Mulleres diversas de todas partes do mundo, mulleres exploradoras, valentes e reivindicativas que polas circunstancias do seu xénero foron silenciadas ou invisibilizadas, relegadas a quedar nun segundo plano ou permanecer sempre nas sombras, sendo testemuñas de como o foco de interese e admiración centrábase noutras personalidades maioritariamente masculinas.

A nosa idea é romper mitos e crenzas en relación coa "non presencia" da muller nos diversos eidos sociais, artísticos, culturais e educativos ó longo da historia, xa que o feito de que non coñezamos a moitas mulleres pintoras, exploradoras, inventoras, científicas, biólogas ou deportistas... non é porque non existan senón porque non se lles deu a voz que merecían e merecen.

O principio de inclusión" é un dereito e unha necesidade de vivir en comunidade, estar presente nos mesmos lugares e utilizar os mesmos servizos, así como participar activamente na vida comunitaria.

Onde e cando

Lugar
Biblioteca Fórum

--> Achega nos medios

Documentos:

Presentacion_achega (748 KB)

Recursos Accesibles para todos

Para tener en cuenta

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el único objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión