Require inscrición. De outubro a maio. Consulta o calendario
"De meu, de teu, de seu" e un programa de convivencia interxeracional no que persoas maiores e alumnado de secundaria comparten experiencias, xogos e debates na biblioteca, aprendendo xuntas e fortalecendo os lazos comunitarios.
A quen vai dirixido?
Ao alumnado do Instituto de Educación Secundaria Fernando Wirtz e as persoas asistentes aos talleres do Programa Lecer do Fórum Metropolitano,
"De meu, de teu, de seu" é un programa de convivencia interxeracional que se desenvolve na Biblioteca Fórum Metropolitano. Ao longo do curso escolar, mozas, mozos e persoas maiores comparten espazo, tempo e experiencias arredor de temáticas comúns.
O programa estrutúrase en bloques trimestrais con actividades:
Xogos de mesa
Formación en competencias ALFIN/AMI (alfabetización informacional e mediática)
Debate e reflexión sobre temas sociais e de actualidade
A biblioteca convértese así nun espazo de encontro entre xeracións, no que todas as persoas participantes aprenden, colaboran, se complementan e recoñecen mutuamente como cidadás de pleno dereito, máis alá da idade ou da capacidade.
Onde e cando
As sesións realízanse ao longo do curso escolar, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano , grazas á colaboración entre:
O IES Fernando Wirtz
O Programa Lecer do Fórum Metropolitano
Queres ver como foi en edicións anteriores?
Clica na imaxe para acceder a galería de fotos da actividade
En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el único objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.
Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.
Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible