
Do 15 de abril até o 15 de xuño
A diversidade cultural é unha das maiores riquezas da humanidade. Cada lingua, cada tradición e cada forma de ver o mundo amplía a nosa mirada e axúdanos a comprender mellor quen somos. Co ciclo "Moitas culturas, unha biblioteca", queremos celebrar esa pluralidade que nos rodea e que tamén habita nos libros, nas historias e nas persoas que cada día enchen este espazo.
Con motivo do Día Mundial da Diversidade Cultural, a biblioteca convértese nun punto de encontro entre culturas: un lugar onde descubrir voces doutras latitudes, recoñecer as nosas propias raíces e compartir experiencias que nos unen máis do que pensamos.
Ao longo destes días, ademáis dunha mostra bibliográfica propoñemos actividades para todas as idades -obradoiros de danza, contacontos, lecturas e espazos de diálogo- que convidan a explorar o mundo desde o respecto, a curiosidade e a alegría de aprender xuntos.
Porque unha biblioteca é, en esencia, un territorio común onde cabemos todas as persoas. E cando abrimos as portas á diversidade, abrímolas tamén á convivencia, á creatividade e á empatía. Celebrémolo xuntos.
Actividades destacadas
También te puede interesar
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible