Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Ciclo temático: Mentres dure a vida, sigamos co conto

Cilco temático Mentres dure a vida, sigamos co conto

Carmen Martín Gaite: cen anos de historias que seguen a inspirar

Do 15 de outubro ao 15 de decembro

A Biblioteca Fórum Metropolitano rende homenaxe a Carmen Martín Gaite no centenario do seu nacemento, cunha mostra bibliográfica e actividades para descubrir o legado dunha das escritoras máis destacadas da literatura española contemporánea no ciclo temático "Mentres dure a vida, sigamos co conto"

Unha homenaxe a Carmen Martín Gaite

En 2025 cúmprense cen anos do nacemento de Carmen Martín Gaite (1925-2000), unha das voces máis singulares e renovadoras da literatura española do século XX. Co ciclo "Mentres dure a vida, sigamos co conto", a Biblioteca Fórum Metropolitano súmase ás celebracións do seu centenario, ofrecendo un espazo de encontro co seu legado.

Martín Gaite foi unha autora poliédrica que transitou con mestría por diversos xéneros -da narrativa ao ensaio, pasando pola poesía ou o guión- sempre cunha ollada crítica e profundamente humana. Nos seus textos explorou cuestións universais como a identidade, a incomunicación ou a procura de sentido, cunha perspectiva feminina que abriu camiños para moitas lectoras e lectores.

"Para ela, todo era un conto que tiña que estar ben contado: as lecturas, o amor, a vida propia e allea, os soños, a historia".- José Teruel

A Xeración dos 50 en feminino

Xunto a Martín Gaite, outras autoras da chamada "Xeración dos 50" -como Ana María Matute, Mercedes Formica, Gloria Fuertes ou Rosa Chacel- contribuíron a enriquecer a literatura española da posguerra con voces valentes e innovadoras. Este ciclo tamén quere visibilizar a súa pegada e o papel decisivo que tiveron na narrativa e na poesía da segunda metade do século XX.

Mostra bibliográfica e actividades destacadas

O ciclo complétase cunha selección de recursos dispoñibles na biblioteca:

  • Libros de ficción e información sobre a vida e obra de Carmen Martín Gaite

  • Cómics e obras inspiradas no seu universo literario

  • Filmes que dialogan cos seus temas e épocas

Un percorrido diverso para achegarse á súa figura e gozar de novas lecturas.

Actividades destacadas

Buscar en Flickr

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión