
Do 12 de xaneiro até o 31 de marzo
O ciclo Regreso ao pasado: historia ignota nace co propósito de achegar ao público unha visión integral das culturas que marcaron os primeiros milenios da historia humana.
A Biblioteca Fórum Metropolitano aposta por un percorrido que vai desde as sociedades prehistóricas até o final do mundo antigo, combinando unha mirada global -Exipto, Mesopotamia, Grecia e Roma- cunha atención especial ao desenvolvemento histórico do noroeste peninsular e da área coruñesa. Este enfoque dobre permite comprender tanto as grandes civilizacións do Mediterráneo como a evolución cultural local: do megalítico galego aos castros, da chegada de novas tecnoloxías ao impacto da romanización.
O ciclo pretende fomentar o interese pola historia, apoiar o acceso a recursos bibliográficos especializados e pór en valor o patrimonio arqueolóxico. A través de actividades divulgativas e unha mostra de libros coidadosamente seleccionados, convídase á cidadanía a descubrir como se formaron as sociedades antigas e que pegadas deixaron no noso territorio e na nosa cultura.
Actividades destacadas
También te puede interesar
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible