Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Clubs de lectura cidadáns

Tipo de actividad:

Clubs

¿A quién va dirigido?:

Persoas adultas

Require alta do club nas bibliotecas.

Queredes montar o voso propio club de lectura ti e algunhas amizades ou persoas afíns aos teus gustos literarios? Nós poñemos os libros!

En que consisten exactamente os clubs de lectura cidadáns?

Se ti e algunhas amizades ou persoas afíns aos teus gustos literarios queredes montar o voso propio club de lectura de forma autónoma e autoorganizada, e sodes 6 ou máis persoaias, agora as bibliotecas municipais ofrecémosvos a posibilidade de vos prestar ata 20 exemplares dos títulos de lectura que temos reservados nos nosos fondos propios para os clubs. Para solicitar este préstamo hai que rexistrar o club como colectivo socio das bibliotecas municipais da Coruña.

Como se rexistra o club?

Podedes dar de alta o club de xeito presencial, acudindo á biblioteca que teñades de referencia, ou a través dun formulario web. Como sería?

  • Na biblioteca: tedes que solicitar un formulario e completalo cos seguintes datos: nome do club de lectura + datos da persoa responsable + datos de comunicación  + firma da persoa responsable.
  • Na web: entrar no formulario " Solicitud de carné  " dispoñible para entidades, seleccionando "club de lectura" e logo "Grupo de persoas".

Cales son os libros dispoñibles para o préstamo dos clubs de lectura cidadáns?

No noso catálogo en liña podedes atopar unha selección de libros dos fondos propios para os préstamos aos clubs de lectura dentro da escolma de bibliografías recomendadas. Fai a túa selección e ponte en contacto coa túa biblioteca para consultar a súa dispoñibilidade. Se o prefires podes consultar directamente coa Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano , que é a que xestiona estes materais.

Condicións do préstamo

A solicitude dos materiais farase a través da biblioteca de referencia do club (vía correo electrónico, telefónica ou presencial), quen confirmará a dispoñibilidade ou non dos devanditos materiais.

Prestarémosche ata 20 exemplares de cada título durante un máximo de 60 días.

Existe a posibilidade de facer reserva sobre un lote de libros como máximo ata 2 meses antes da data prevista de lectura.

O lote completo de libros solicitado recollerase e devolverase nunha entrega única. A devolución farase na mesma biblioteca na que se realizase o préstamo.

As bibliotecas ofrecen algún espazo de reunión?

NON poñemos o espazo. Se nalgún intre queredes reservar un espazo para vos reunir tedes que seguir o procedemento habitual para o préstamo de espazos nas bibliotecas, xa que, dada a demanda, non podemos comprometernos a ceder un espazo continuado no tempo.​

Cales son as obrigas e sancións?

Un Club de lectura Cidadán está obrigado a:

  • Devolver os lotes de obras nos prazos sinalados.
  • Manter a integridade do lote prestado.
  • No caso de deterioración ou perda, o club ou a persoa responsable terá que repoñer o material co mesmo título ou outro de características similares.
  • Manter actualizados os datos do carné.
  • Facilitar calquera información requirida polas bibliotecas en relación co préstamo de materiais ou os datos de afiliación do club.
  • Avisar por correo electrónico de cambio nos datos da persoa responsable dos préstamos.

Un Club de lectura Cidadán pode perder a súa condición de club de lectura asociado ás bibliotecas municipais se os seus membros incumpren as súas obrigas, e non devolven algún lote de libros ou non repoñen os materiais deteriorados ou perdidos.

Programas relacionados

Sigue buscando actividades similares...

Las inscripciones

¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info

Para tener en cuenta

Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio. 

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión