
Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico.
Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
Ademais de atopalos nas bibliotecas, tamén os sacamos á rúa, en concreto, á rúa da Banda Deseñada, onde atoparás a nosa caseta e a bibliotecarias e bibliotecarios fancomiqueiros con ganas de falar do que máis lles gusta: o cómic!
Tes toda a programación detallada a continuación!
| Sabías que...? Durante todo o ano, nas bibliotecas podes atopar comictecas para que atopes á primeira esa banda deseñada que non sabías (ou si) que precisabas ler. |
Programación Viñetas Biblio
Encontros e obradoiros nas bibliotecas (con inscrición previa)
| Actividade | Idades | Onde | Cando |
|---|---|---|---|
| Obradoiro de debuxo manga (Viñetas) | 7/12 anos | Biblioteca Castrillón | 11 de agosto, 11:00 h |
| Charla: Como se fixo "Polvo, barro y fe" (Viñetas) | Todos os públicos | Biblioteca Estudos Locais | 11 de agosto, 11:00 h |
| Obradoiro: Cómics e "mazmorras": forxa o teu personaxe (Viñetas) | 12/16 anos | Biblioteca Durán Loriga | 12 de agosto, 11:00 h |
| Obradoiro de personaxes máxicos (Viñetas) | 6/10 anos | Biblioteca Monte Alto | 12 de agosto, 11:00 h |
| Obradoiro: Cartas e cómics: One Piece & Riftbound (Viñetas) | +10 anos | Biblioteca Fórum | 12 de agosto, 11:00 h |
| Obradoiro: Cartas e cómics: Pokémon e Magic (Viñetas) | +10 anos | Biblioteca Durán Loriga | 13 de agosto, 11:00 h |
| Obradoiro de debuxo manga (Viñetas) | 7/12 anos | Biblioteca Ágora | 13 de agosto, 11:00 h |
| Clase maxistral con Raúl García (Viñetas) | Todos os públicos | Biblioteca Estudos Locais | 14 de agosto, 11:00 h |
| Obradoiro: Cartas e cómics: One Piece & Riftbound (Viñetas) | +10 anos | Biblioteca Durán Loriga | 14 de agosto, 11:00 h |
Encontros e obradoiros na rúa da Banda Deseñada (abertos ao público)
| Actividade | Onde | Cando |
|---|---|---|
| Encontro con Alberto Taracido (Viñetas) | Carpa da Rúa da BD | 11 de agosto, 13:00 h |
| Faladoiro cos Premios Castelao 2025 (Viñetas) | Carpa da Rúa da BD | 11 de agosto, 17:00 h |
| Maratón de debuxo con autoras fantásticas (Viñetas) | Caseta das bibliotecas | 13 de agosto, ao longo da xornada |
| Faladoiro: Memoria social e democrática na Banda Deseñada (Viñetas) | Carpa da Rúa da BD | 14 de agosto, 12:00 h |
Mostras e exposicións
| Mostra | Descrición | Cando e onde |
|---|---|---|
| Trazos da memoria | Hai recordos que o tempo non pode borrar, e que atopan na BD o seu mellor medio. Relatos biográficos íntimos e grandes crónicas colectivas. Pasa pola túa biblioteca municipal máis próxima, percorre a mostra e leva para a casa lecturas que farán que mires o pasado con outros ollos. |
Nas seguintes bibliotecas nos meses de agosto e setembro, en horario de apertura: Ágora - Castrillón - Durán loriga - Fórum - Monte Alto - Os Rosales - Sagrada Familia. |
| ExpoFanzines Autobán | Exposición dos fanzines presentados ao Premio ao Mellor Fanzine Galego 2025 organizado pola Asociación Cultural Autobán destacando os premiados na edición. | Na Biblioteca Municipal de Estudos Locais no mes de agosto, en horario de apertura. |
Programa completo de Viñetas desde o Atlántico
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible