Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
222 resultados

Convocatoria para a cobertura en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de persoal funcionario de carreira, Gobernanta da Casa de Acollida, (Grupo C, Subgrupo C1).

Dende o 18/12/2025 ata o 02/01/2026
As Bibliotecas Municipais organizan para este Nadal unha programación especial de actividades infantís, xuvenís e para todos os públicos e, como todos os anos, elaboran a guía con recomendacións de lecturas, ideas de agasallo e propostas de cinema e música "Historias de regalo".

Kabo&Bero® Edicións e It Gets Better® España convocan a 3ª edición do Premio TODO MELLORA de literatura xuvenil LGTBIQ+ e anima a presentar novelas, contos, relatos e historias que fagan sentir ao público xuvenil emoción e esperanza.

Dende o 22/12/2025 ata o 30/12/2025, os luns e martes
A Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI) organiza bautismos de escalada e escalada en familia na súa Sala de Bloque.

O Concello de Ortigueira convoca o concurso de Carteis para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026.

Dende o 23/01/2026 ata o 06/06/2026
Velaquí a programación do Ciclo Principal de primavera no teatro Rosalía de Castro.

O Concello de Ferrol convoca proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de persoal técnico de Administración xeral por quenda libre, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1; o sistema selectivo será o de oposición.

O museo TEA, Tenerife Espazo das Artes, convida a artistas e colectivos a participar nesta convocatoria para desenvolver e presentar proxectos cuxa investigación e metodoloxía estean centradas no territorio e a comunidade, xa sexa desde a reflexión crítica, a intervención contextual ou a colaboración con axentes locais. Os procesos ou resultados destas propostas serán presentados nunha exposición colectiva en novembro de 2026 na sede do museo.

Dende o 22/01/2026 ata o 22/04/2026
A "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia" organiza este curso en liña de lingua de signos española nivel B1.2.

de xaneiro a maio de 2026.
A "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia" organiza este curso presencial de lingua de signos española nivel A2.
resultados 222
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible