Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Actividades

Resultados: 48

  • "O xogo"

    Cartel da obra cunha fotografía dos protagonistas arredor dunha mesa

    Cando:

    27/04/2019

    Dentro do ciclo “Teatro do Atlántico” que organiza o Club do Mar, a compañía Teatro do Lecer representará a súa obra “O xogo”. Dirixida por Xosé Leis, esta traxicomedia negra, chea de xiros inesperados onde nada é o que parece, preséntanos as persoas habitantes dunha casa que se ven envoltas nun xogo aparentemente ficticio unha noite de tormenta, viño e avaría.

  • Cando:

    1 de marzo de 2007

  • Young Audience Award

    Cartel da actividade

    Cando:

    05/05/2019

    O Young Audience Award é a categoría oficial dos Premios Europeos de Cinema adicada ao público xuvenil. Se tes ENTRE 12 e 14 ANOS podes ser xurado do festival. As tres películas finalistas serán proxectadas o domingo 5 de maio simultaneamente en 48 cidades de 35 países. As rapazas e rapaces participantes en cada cidade actúan como xurado e escollen a súa película favorita.

  • Persoas voluntarias para campaña "Concurso minicuentos" - Fundación Meniños

    Logo da Fundación Meniños

    Cando:

    Dende o 23/04/2019 ata o 26/04/2019

    A Fundación Meniños precisa persoas para colaborar nun stand informativo co que contará Meniños no Centro Comercial Cuatro Caminos da Coruña entre os días 23 e 26 de abril.

  • Obradoiro de escalada

    Cartel actividade.

    Cando:

    15, 16, 17 y 22 de abril de 2019

    A Agrupación de Montañeros Independientes organiza este obradoiro co obxectivo de iniciar aos/ás cativos/as na escalada.

  • Axenda de actividades de MUNCYT Coruña

    portada do folleto da axenda de abril: Explora, Descobre, Crea

    Cando:

    Dende o 01/04/2019 ata o 30/04/2019

    O MUNCYT desenvolve unha serie de programas e actividades a través de propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

  • Campamentos Granxa Escola de Barreiros 2019

    Cartel campamentos Granxa Escola Barreiros.

    Inscricións:

    ata cubrir prazas.

    A Granxa Escola de Barreiros organiza campamentos de verán no mes de xullo: campamento de natureza, campamento musical e campamento de artes escénicas. Cada unha das estancias ten a súa programación centrada nun eixo temático en torno ao que vira en todas as actividades.

  • Encontro Mundial de Humorismo A Coruña, EMHU

    cartel do encontro

    Cando:

    Dende o 13/05/2019 ata o 19/05/2019

    O Encontro Mundial de Humorismo é un evento que nace coa idea de establecer na Coruña o principal festival de humor do noso país e que se celebrará na Coruña do 13 ao 19 de maio, durante a semana das Letras Galegas. Unha semana para homenaxear a comedia elevada e o humor de calidade, para coñecer os referentes imprescindibles e para gozar dos espectáculos máis exitosos

  • Listaxe definitiva de grupos admitidos para o comezo da quenda semestral abril-outubro 2019 dos Locais de Ensaio

    cartel promocional coa frase: a túa música, as túas ideas, o teu lugar.

    Publicada o 10 de abril a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o luns 22 de abril.

  • O Son da Primavera 2019

    cartel

    Cando:

    Dende o 26/04/2019 ata o 28/05/2019

    A Concellería de Xustiza Social e Coidados organiza nos meses de maio e abril "O Son da Primavera", un ciclo de concertos abertos á cidadanía no que as corais municipais serán protagonistas e que pretende achegar á veciñanza o traballo que as persoas integrantes das seis agrupacións dos centros cívicos municipais desenvolven ao longo de todo o ano

Resultados: 48

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?