Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Coruña en forma 2026

O Concello da Coruña presenta unha nova edición de "Coruña en forma", que ofrece actividades deportivas dirixidas, abertas á cidadanía, sen inscrición previa, e totalmente gratuítas para promover hábitos de vida saudables durante os meses de xullo e agosto. Esta iniciativa ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Xullo e agosto de 2026.

Horario:

De luns a venres, de 10:00 a 21:00 h.

Precio:

Gratuíto

Página web:

https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/coruna-en-forma

Contacto:

Concello da Coruña

Tel.: 010 / 981 184 278 

Documentos:

Programa completo (598 KB)

A cidadanía poderá participar, de luns a venres, en horario de mañá e tarde, nas seguintes modalidades deportivas: ioga, tai-chi, ximnasia aeróbica, zumba, maiores en forma, pilates e tonificación muscular. As actividades estarán dirixidas por persoal especializado, que guiará ás persoas participantes a través dos distintos exercicios. As actividades terán un nivel de intensidade moderado para adaptarse a todo tipo de niveis de condición física das persoas participantes.

Este 2026 haberá once espazos sinalizados repartidos por distintos barrios da cidade, nos que se levará a cabo o programa Coruña en Forma: miradoiro do Matadoiro, parque de Oza, Barrio das Flores, praia de Riazor, praza Elíptica, parque de Vioño, praza dos Mariñeiros, praza dos Avós, Novo Mesoiro (campo Cruyff Court), praza de ExpoCoruña e praza de Eirís.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión