44 resultados

Dende o 12/01/2026 ata o 02/04/2026
A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre, de luns a xoves en horario de mañá e modalidade mixta, presencial e online.

Dende o 24/01/2026 ata o 20/06/2026
A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre que terá lugar os sábados en modalidade mixta, presencial e online.

Formación Dixital é un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital. Está acreditado pola Xunta de Galicia. É 100% de balde, 100% online e 100% titorizado.

De novembro de 2025 a febreiro de 2026.
Este curso en liña e gratuíto, enfócase en ensinar programación, algoritmos e estrutura de datos en Python para intelixencia artificial. Está destinado a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.

Dende o 01/12/2025 ata o 18/12/2025
Consultar datas de inscrición de cada curso.
A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de decembro na aula CeMIT Eirís. Tamén horario de atención presencial na Aula Aberta.

Dende o 20/11/2025
Ata completar as prazas dispoñibles en cada acción formativa e cada grupo
O Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición da Escola de Participación, un programa formativo gratuíto de cursos e obradoiros dirixidos ao tecido asociativo, ao voluntariado municipal e aberto tamén a toda a cidadanía que queira reforzar os seus coñecementos en participación e vida comunitaria. A iniciativa desenvolverase entre finais de novembro e mediados de decembro en distintos espazos municipais, con prazas limitadas en cada acción formativa.

Impulsa Emprego Novo é un proxecto de Axuda en Acción que xorde como unha ferramenta de acompañamento a persoas novas de entre 16 e 29 anos que buscan unha oportunidade laboral xerando, ademais, unha rede entre Administración Pública, empresas, entidades e persoas participantes no programa.

O curso está aberto ata o 31/12/2025.
Este curso en liña e gratuíto da Santander Open Academy ensinarache os fundamentos do posicionamento en buscadores e a creación de contido valioso para atraer á túa audiencia.

Ata o 26/12/2025
ou ata esgotar as prazas.
A Fundación Paideia pon en marcha este programa gratuíto que ten o obxectivo de adecuar as competencias profesionais e persoais das persoas participantes aos requerimentos de mundo laboral.

Ata o 30 de novembro de 2028.
O obxectivo deste proxecto é contribuir a paliar as repercusións econòmicas e sociais derivadas da transición enerxética, en particular no que se refire á perda de postos de traballo prevista polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes na Coruña, así como a xerar emprego de calidade.
resultados 44
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible