Este curso en liña e gratuíto, enfócase en ensinar programación, algoritmos e estrutura de datos en Python para intelixencia artificial. Está destinado a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.
Para público en xeral
De novembro de 2025 a febreiro de 2026.
Escola de Organización Industrial
Contido
Desenvolverán os fundamentos da programación aprendendo Python. Aprenderán desde programación básica en Python, ata as estruturas máis complexas de datos, tales como listas, dicionarios, etc. e co fin de poder realizar análise de datos complexos.
Posto que os algoritmos son unha parte fundamental da computación, os estudantes aprenderán o uso e desenvolvemento de algoritmos en Python desde o principio. Aprenderán a usar tipos abstractos de datos así como procuras lineais e binarias para resolver problemas de procura e ordenación en Python.
Finalmente, os alumnos aprenderán procesamiento e visualización de datos usando Python. O procesamiento de datos require de coñecementos básicos en matemáticas.
Mentres aprenden a programar en Python, os estudantes tamén experimentarán a planificación de programas (pseudocódigo e diagrama de fluxo), a aprendizaxe baseada en proxectos e a programación en parellas. Esta experiencia de aprendizaxe axuda aos estudantes para mellorar, tanto as súas habilidades interpersoais, como a resolución de problemas e a colaboración.
Metodoloxía
As clases desenvolveranse en formato en liña. O alumnado apoiarase nos materiais facilitados polos profesores aplicando a metodoloxía Learning by Doing.
Durante o curso crearanse exercicios nos diferentes módulos que permitirá ao alumnado dotarse dos coñecementos.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible