Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
20/12/2025
Dentro do ciclo "Coruña República Musical", que conta co apoio da Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, a República Musical Mardi Gras organiza a última formación do 2025. Será na sala Mardi Gras: "Obradoiro de guitarra acústica impartido por Luís Tinaquero".
Ata o 26/12/2025
Procesos selectivos, por concurso-oposición libre, para a creación de bolsas de emprego ou listaxes de reserva de persoal funcionario interino: operario ou operaria de vías públicas e conserxe.
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Ata o 16/01/2026
A Dirección Xeral de Xuventude abre o prazo de inscrición para a 17ª edición de Parlamento Xove correspondente ao curso 2025/2026. O proxecto baséase nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización.
Ata o 18/02/2026
ás 14:00h.
A Fundación ”a Caixa” convoca 30 bolsas para investigadores/as de todas as nacionalidades que desexen cursar un doutoramento en calquera disciplina e universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.
Ata o 16/01/2026
Proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de enxeñeiro técnico agrícola ou enxeñeira técnica agrícola (subgrupo A2). O sistema de selección será o de oposición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible