Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 22/01/2026
O Concello de Ribadavia e o C.R.D.O. Ribeiro convocan o concurso de carteis para seleccionar o que representará a 63ª Feira do Viño do Ribeiro.
Dende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026
ás 14:00 horas.
A Deputación Provincial da Coruña convoca bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria co obxectivo de dar apoio á actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.
Dende o 22/01/2026 ata o 26/02/2026, os martes e xoves
A Escola Superior Marcelo Macías presenta o curso “Redacción e oratoria para a túa vida profesional e persoal”, unha proposta formativa deseñada para fortalecer as habilidades de comunicación escrita e oral.
Ata o 16/02/2026
ata as 14.00 h
A Área de Cultura da Deputación da Coruña, co fin de continuar coa súa labor de apoio á creación artística, presenta unha nova convocatoria das Residencias Artísticas Mariñán, un programa que ten por obxecto seleccionar 16 proxectos para desenvolver a súa residencia creativa no Pazo de Mariñán distribuídos nas áreas da música, literatura e pensamento e creación de contidos socioculturais en redes sociais.
Ata o 31/01/2026
A Fundación César Egido Serrano creouse para propoñer que a palabra sexa a ferramenta de convivencia entre culturas e relixións e fronte a toda violencia e con esa premisa convoca a 8ª edición do seu Concurso Internacional de Microrrelatos.
Ata o 30/01/2026
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Mozárabe Sanabrés, de Rionegro del Puente (Zamora), convoca a 7ª edición do concurso de relatos curtos sobre O Camiño de Santiago.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible