Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende setembro de 2026 ata maio de 2027.
Certificado profesional gratuito destinado a persoas demandantes de emprego da Provincia da Coruña impartido por Soldeo.
Dende setembro de 2026 ata maio de 2027.
Certificado profesional gratuito destinado a persoas demandantes de emprego da Provincia da Coruña.
Ata o 26/05/2026
O Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación Cetmar convoca proceso selectivo para a contratación indefinida de persoal técnico superior para o proxecto “Ecosystem management and protection, strengthen resilience, and reduce climate risks in communities in Southern Hispaniola- From Mountain to Reef, mediante o sistema de concurso - oposición.
Ata o 25/05/2026
Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, SA convoca estas prazas polo sistema de concurso - oposición.
Ata o 03/06/2026
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca bolsas co fin de fomentar a creación e a investigación en determinadas disciplinas artísticas a desenvolver na Real Academia de España en Roma.
Dende o 23/05/2026 ata o 31/08/2026
O Centro Social Gomes Gaioso organiza exta exposición do artista Carlos Lopes, a cal xorde das lembranzas dunha viaxe en bicicleta pola provincia de Lugo no ano 2021.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible