Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

94 resultados

  • Cineclub Bóveda. A pegada de Bertolt Brecht: Unha moza sen historia

    Fotograma da longometraxe

    Cando:

    22/10/2026

    O Cineclub Bóveda continúa co ciclo dedicado á presenza de Bertolt Brecht no cinema coa proxección de Unha moza sen historia, primeira longametraxe do escritor e cineasta Alexander Kluge.

  • Club Voleibol Zalaeta | A.D. Voleibol Rivas

    xogadoras de volei celebrando cos brazos ergueitos

    Cando:

    10/10/2026

    Ábrese a tempada do Barrio das Flores, partido da superliga feminina de voleibol.

  • Nexos: A Guitarra de Lorca

    cartel da actividade

    Cando:

    15/10/2026

    No marco do ciclo NEXOS, a Asociación Cultural AÏS organiza unha nova sesión dedicada á activación cultural, á investigación musical e á reflexión arredor da nosa memoria histórica. A Casa Museo Casares Quiroga acollerá o concerto e coloquio do guitarrista e investigador Samuel Diz, quen presentará o seu proxecto "A guitarra de Lorca".

  • Elas pisaron a lúa

    Muller astronauta observando á Venus de Botticelli e máis obras de arte

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 30/10/2026

    A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle a mostra bibliográfica Elas pisaron a lúa, unha proposta que busca dar visibilidade ás mulleres que, malia as súas achegas á literatura, á ciencia e á sociedade, foron silenciadas ou relegadas ao esquecemento.

  • O galego é a túa casa: grupo de conversa en galego na ACAB

    Persoas sentadas en círculo conversando

    Cando:

    Dende o 19/10/2026, os luns

    A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza «O galego é a túa casa», un grupo de conversa en galego pensado para persoas que están comezando a falar a lingua ou que queren gañar confianza e soltura na expresión oral.

  • Roteiro en bici e Charla-obradoiro de ergonomía, mecánica e condución segura da bicicleta

    Cartel da actividade: ilustración de persoas montando en bicicleta.

    Cando:

    14/10/2026

    A Oficina de Sustentabilidade da UDC organiza para o próximo mércores, 14 de outubro, as seguintes actividades monitorizadas pola Asociación Mobi-Liza, dirixidas ás persoas ciclo-usuarias do Servizo de préstamo de bicicletas da UDC, e ademais abertas á comunidade universitaria.

  • 9ª Edición do Festival Quincegotas

    cartel Quincegotas, 9, 10 e 11 de outubro A Coruña

    Cando:

    Dende o 09/10/2026 ata o 11/10/2026

    O festival Quincegotas, a principal cita da danza contemporánea en espazos urbanos da cidade, celebra a súa novena edición entre os días 9 e 11 de outubro cun programa que reunirá 14 propostas artísticas en diferentes puntos da Coruña.

  • Venres da UNED

    A IA tamén ten acento: patróns que delatan un texto xerado automaticamente

    A Aula UNED Ferrol organiza este ciclo de divulgación científica e cultural. Conferencias gratuítas previa inscrición. Podes elixir a asistencia presencial ou a asistencia en liña en directo ou en diferido.

  • 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza

    cartel da palestra

    Cando:

    14/10/2026

    A Agrupación Cultural Alexándre Bóveda acolle a palestra itulada 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza co historiador Carlos Diegues, que explicará cal foi o substrato do memorialismo galego e identificará os colectivos e as actividades memorialísticas máis destacadas durante o período 1977-2007.

  • Mercado das Nubes de outono

    cartel do mercado

    Cando:

    Dende o 09/10/2026 ata o 11/10/2026

    O Mercado de San Agustin acolle de novo o "Mercado das Nubes" na súa edición de outono, un espazo no que se reunirán marcas emerxentes locais, artistas, produtoras/es e artesáns/ás no que atopar produtos diferentes e singulares, gozar da gastronomía e da música en directo, paticipar en obradoiros infantís e actividades para toda a familia.

resultados 94

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión