As Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha unha nova tempada dos seus clubs de lectura, con propostas para diferentes idades, intereses e modalidades. Unha programación ampla que ofrece espazos para compartir lecturas, conversar sobre literatura e descubrir novos libros e autores en compañía.
Para público en general
Limitado, require inscrición.
De balde.
Bibliotecas Municipais
Servizo de atención telefónica 010
Biblioteca Municipal Os Rosales
Café con libros
Actividade dirixida a persoas adultas que ofrece un espazo para gozar da lectura e compartir impresións con outras persoas.
O Pensatorio
Espazo de encontro para persoas adultas no que reflexionar, conversar e intercambiar ideas arredor de temas de interese, a partir de textos e lecturas.
En voz alta
Actividade para persoas adultas, especialmente maiores de 60 anos, na que se comparten lecturas en voz alta e se comentan os textos nun ambiente de encontro e conversa.
CONTACTO:
Biblioteca Municipal Os Rosales
Praza Elípitica, 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Club de lectura
Espazo para persoas adultas no que compartir o gusto pola lectura e conversar sobre as obras seleccionadas.
CONTACTO:
Biblioteca Municipal Sagrada Familia
R/ Antonio Pereira, 1, baixo. 15007 A Coruña
Tel.: 981 184 392
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
Club de lectura
Actividade para persoas adultas na que se comparten e comentan lecturas comúns, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas arredor dos libros.
Fiando historias
Club de lectura dirixido a persoas adultas, especialmente a persoas con problemas de saúde mental. A actividade busca fomentar a participación activa na sociedade, a comprensión dos textos e a socialización, a través da lectura e de actividades complementarias.
Lendo devagar
Club de lectura para persoas adultas no que se comparten e comentan obras producidas ou traducidas ao galego. Un espazo para gozar da lectura, intercambiar opinións e conversar arredor dos libros.
Fórum Cómics
Espazo para maiores de 15 anos no que compartir e comentar cómics e novelas gráficas. Un punto de encontro para intercambiar ideas, experiencias e valoracións arredor dunha mesma paixón: o cómic.
CONTACTO:
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
R/ Río Monelos, 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Biblioteca Municipal Ágora
Club da Gramela
Actividade para persoas maiores de 18 anos que se reúnen para compartir e debater sobre as lecturas propostas. Un espazo para gozar da lectura, conversar e intercambiar opinións con outras persoas lectoras.
Ágora do 13
Espazo para persoas adultas que gozan da lectura e da conversa arredor dos libros. As participantes autoxestionan as sesións, cunha bibliotecaria coordinadora que prepara a programación anual e os materiais, ademais de propoñer actividades complementarias.
Club de lectura xuvenil
Espazo para mozos e mozas de 14 a 18 anos con ganas de ler, facer novas amizades e compartir experiencias. Un lugar para conversar sobre os libros, descubrir xéneros e autoras e autores diferentes e achegarse tamén a outras linguaxes dixitais e artísticas.
CONTACTO:
Biblioteca Municipal Ágora
Lugar Gramela, 17. 15011 A Coruña
Tel.: 981 189 886
Biblioteca Municipal Durán Loriga
Club de lectura
Espazo para persoas adultas no que compartir e comentar lecturas comúns, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura xuvenil "O Ensanche"
Espazo para rapazada de 12 a 18 anos no que compartir e comentar lecturas, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura infantil "Miúdo"
Espazo para nenos e nenas de 9 a 11 anos no que compartir e comentar lecturas, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
CONTACTO:
Biblioteca Municipal Durán Loriga
R/ Durán Loriga, 10, baixo. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 388
Biblioteca Municipal Monte Alto
Club de lectura
Actividade para persoas adultas no que a lectura serve de punto de partida para conversar, compartir opinións e facer novas amizades arredor dos libros.
CONTACTO:
Biblioteca Municipal Monte Alto
R/ Vereda del Polvorín, 2-4, 3º. 15002 A Coruña
Tel.: 981 184 382
Biblioteca Municipal Castrillón
Club de lectura
Actividade para persoas adultas no que compartir e comentar lecturas comúns, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura de clásicos
Espazo para persoas adultas no que compartir e comentar obras da literatura clásica, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
CONTACTO:
Biblioteca Municipal Castrillón
Praza Pablo Iglesias. 15009 A Coruña
Tel.: 981 184 390 / 689 366 010
Punto de servizo bibliotecario Mesoiro
Club de lectura
Actividade para persoas adultas no que compartir e comentar lecturas comúns, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura infantil
Espazo para nenos e nenas de 9 a 12 anos no que compartir e comentar lecturas, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
CONTACTO:
Punto de servizo bibliotecario Mesoiro
R/ Os Ancares 15. 15190 A Coruña
Tel.: 981 184 370
Ciberclub: Club de lectura virtual
Ciberclub 2026-2027: faite co libro!
Club virtual de lectura, para persoas adultas, das Bibliotecas Municipais da Coruña, aberto na internet 24/7. Un espazo para compartir lecturas e participar en faladoiros con outras persoas lectoras, asumindo diferentes roles e propostas en cada lectura.
CONTACTO:
Tel.: 981 184 384
Desde el 10/09/2026 hasta el 30/09/2026
Hasta el 13/10/2026
Hasta el 02/10/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible