45 resultados

22/07/2026
Injuve e o Ministerio de Cultura organizan un webinar para informar sobre o Bono Cultural Mozo 2026.

27/09/2026
Xa están abertas as inscricións para a XIV Carreira da Muller da Coruña “Central Lechera Asturiana”. Será a sexta proba do XXII Circuíto Carreira da Muller “Central Lechera Asturiana”. Estará organizado pola área de EVENTOS DEPORTES do grupo Sport Life Ibérica, S.A., coa colaboración do Concello da Coruña.

19/07/2026
Fragas do Mandeo organiza esta actividade para intentar erradicar a xunca olorosa (Cyperus eragrostis), unha planta invasora de orixe americana que produce numerosas sementes moi pequenas, polo que se propaga con moita facilidade.

Dende o 16/07/2026 ata o 22/08/2026
A Sede Afundación A Coruña acolle «Luces en la oscuridad. Del eclipse a las maravillas del universo». Na mostra, exhíbense 23 imaxes cuxo obxectivo é ensinar os segredos que oculta o universo e a beleza que envolve as eclipses e explicar con datos e desde un punto de vista científico que ocorre no espazo cando se producen estes fenómenos astronómicos.

24/07/2026
Con motivo del Día Internacional de los abuelos y de las abuelas , la AMI organiza una jornada muy especial de escalada en familia, donde abuelos, abuelas, nietos, nietas y personas de todas las edades podrán compartir una experiencia única en el rocódromo de Riazor.

Dende o 22/07/2026 ata o 26/07/2026
Volve a XXX Feira das Marabillas á nosa cidade, con concertos en vivo, postos de artesanía, gastronomía galega e espectáculos para todos os públicos.

18/07/2026
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza un roteiro mariño que comeza fronte ao antigo cárcere e transcorrerá os lugares da Memoria até o peirao de Santo Amaro. Alí collerase o barco para facer un paseo mariñeiro até a Dársena e rematarase coa actuación musical de Axeitadiñas, da A.C. Donaire, na fachada portuaria do Rosalía.

Dende o 21/07/2026 ata o 22/07/2026
Este obradoiro familiar servirá para descubrir o eclipse solar que terá lugar o próximo mes de agosto e onde se combinará divulgación científica e unha actividade práctica para aprender a observalo de forma segura.

Dende o 11/09/2026 ata o 27/12/2026
Doce espectáculos forman o novo ciclo do Teatro Rosalía de Castro.

23/07/2026
A Fundación Paideia Galiza organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado na UE, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidariedade. Queres saber en que consiste programa de mobilidade europea do Corpo Europeo de Solidariedade? Que cobre? Como solicitar un proxecto?
resultados 45
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible