Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de agosto. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
AGOSTO
06/08/2026 de 19:00 a 21:00h. Crea o teu Reloxo Solar.
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Pronto será o eclipse total máis incrible das nosas vidas, pero... que sabemos sobre o sol? Ven coñecer a estrela que permite a vida na Terra e de paso constrúe o teu propio reloxo solar, un dos instrumentos máis antigos para medir o paso do tempo.
08/08/2026 de 18:00 a 20:00h. Torneo de Futbolín Alexandre de Fisterra.
É necesaria a inscrición. (16 prazas)
Chega o verán e no Remanso non pode faltar o noso torneo de futbolín adicado a Alexandre de Fisterra. Apúntate a esta competición individual, na que a victoria verdadeira sempre a leva quen máis se divirte.
14/08/2026 de 20:00 a 22:00h. Karaoke! Festa dos '80 Total Eclipse of a Summer.
É necesaria a inscrición.
Celebramos o mes do eclipse total cunha festa ambientada nos anos 80. Pásate coa túa mellor caracterización desta fabulosa década e trae moitas ganas de cantar.
20/08/2026 de 19:00 a 21:00h. Crea a túa Lámpada Lunar.
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Neste obradoiro pringaremos as mans para construir unha bonita lúa luminosa que enfeitará calquer recunchiño da nosa casa. Aproveitaremos tamén para aprender un pouquiño máis sobre o noso misterioso satélite.
28/08/2026 de 19:00 a 21:00h. Compartir historias. Quedada lectora: Maxia e fantasía.
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Un dos nosos xéneros máis queridos será o protagonista desta quedada lectora do mes de agosto. Comparte o teu libro favorito de maxia ou fantasía e anímate a ler en alto algunha das pasaxes que che parezan máis épicas.
28/08/2026. I Certame de relatos curtos de ciencia ficción.
Fin do prazo para entregar os relatos que partcipen no I Certame de Relatos Curtos de Ciencia Ficción.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible