A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2026-2027.
Para público en xeral
17/06/2026
Ata o 05/06/2026
64€
Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia
EASD Pablo Picasso
Rúa Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña
tel: 981 225 396
e-correo: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 27/04/2026
OFERTA ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO EN GALICIA
|
A CORUÑA |
EASD PABLO PICASSO Rúa Os Pelamios, 2. 15001- A CORUÑA Tel. 981 225 396 |
|
|
EASD MESTRE MATEO Rúa Virxe da Cerca, 32. 15703- SANTIAGO Tel. 981 587 757 |
||
|
LUGO |
EASD RAMÓN FALCÓN Paseo dos estudantes, 31. 27002- LUGO Tel. 982 220 790 |
|
|
OURENSE |
EASD ANTONIO FAILDE Avda. da Universidade, 18. 32005- OURENSE Tel. 988 220 000 |
Oferta de prazas das ensinanzas artísticas superiores nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño dependentes da Consellería para o curso 2026/27: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta-prazas_eess_2026-27_gal.pdf
INSCRICIÓN: até o 5 de xuño de 2026
Le atentamenta a Guía para a inscrición no procedemento de acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores para o curso 2026/27
Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida para este procedemento. O acceso á dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para o efecto.
Unha vez finalizada a solicitude na aplicación informática «EAS» e debidamente asinada, deberás presentala na Secretaría do centro de inscrición dentro do prazo establecido. A documentación requirida para o procedemento incorporarase electronicamente na citada aplicación no momento de cubrir a solicitude, polo que non será preciso presentala novamente no centro.
As persoas solicitantes que non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas Secretarías dos centros de inscrición.
Considérase centro de inscrición aquel que figure na solicitude como primeira opción de preferencia para cursar estudos.
PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO
A proba específica constará de dúas partes:
1ª) Primeira parte:
Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
️Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
2ª) Segunda parte:
Durante un máximo de 4 horas, realizarán 2 exercicios de debuxo:
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.
A cualificación global da proba de acceso específica ás ensinanzas superiores de Deseño expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final da proba específica de acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 17 de xuño de 2026 nas 4 EASD.
* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.
* Para optar ao itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto deberá superarse, ademais, unha entrevista. A superación desta entrevista será requisito para a adxudicación das prazas deste itinerario. No caso de non acudir, as persoas aspirantes decaen no seu dereito de concorrer ás adxudicacións das vacantes neste itinerario. O lugar de realización, a data e a hora desta publicaranse nos taboleiros de anuncios dos centros educativos e a través dos medios telemáticos habilitados para o efecto.
► 23 de xuño: publicación das cualificacións provisionais obtidas.
► 25 e 26 de xuño: reclamación, na secretaría da EASD correspondente.
► 30 de xuño: publicación cualificacións definitivas.
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible