Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega

Presentación do novo libro de Manuel Gago no Auditorio do Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/04/2026

Horario:

De 19 h a 20 h.

Número de prazas:

Acceso libre até completar cabida

Páxina web:

coruna.gal/cultura

Contacto:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

Rúa Río Monelos nº1

15006 - A Coruña

Tel: 981 184 298

E-correo: bforum@coruna.gal

SINOPSE:

Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías... ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.

A través de paisaxes húmidas, músicas comúns, vellos relatos e episodios esquecidos da historia europea, Manuel Gago percorre Escocia no espazo e no tempo para explorar as profundas resonancias culturais, históricas e emocionais entre Galicia e o mundo atlántico. Escocia non aparece aquí como un lugar exótico, senón como un territorio sorprendentemente familiar, que nos devolve preguntas incómodas sobre identidade, memoria, poder e futuro.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión