Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2026

A Xunta de Galicia oferta 250 prazas destinadas a persoas con discapacidade para participar en estadías socializadoras e de convivencia durante un periodo de 10 días no Albergue Xuvenil de Gandarío, na Residencia de Tempo Libre de Panxón e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026

Prezo:

125 € (descontos (non acumulables): 50 % para membros de familia numerosa ou familia monoparental, e 25 % para as persoas usuarias do Carné Xove)

- Inclúe:

  • Aloxamento en albergue ou residencia, segundo o destino solicitado.
  • Manutención en réxime de pensión completa. » Programa de actividades de animación sociocultural.
  • Material necesario para a actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

- Non inclúe: desprazamento ata o lugar da actividade e regreso, que será polos propios medios e nos prazos establecidos.

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos (ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate)
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia. 
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. 
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita

Páxina web:

http://politicasocial.xunta.gal

Contacto:

- Consellería de Política Social e Igualdade.Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Avda. Fernando de Casas Novas, 35 (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 547 399 - 981 544 640

correo-e: programas.discapacidade@xunta.gal

- Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña

R/ Concepción Arenal, 7-9 (15006 - A Coruña)

Tel.: 881 881 528

Documentos:

folleto .pdf (2 MB)

SOLICITUDE: deberán de utilizarse os modelos oficiais de solicitude e de informe médico accesibles na web https://politicasocial.xunta.gal e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procededemento PR004A). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

QUENDAS OFERTADAS:

  • de 11 a 14 anos:
    • do 13 ao 22 de xullo: Carballiño "Aventura na natureza"
    • do 22 ao 31 de agosto: Gandarío "Natureza xunto ao mar"
  • de 15 a 18 anos:
    • do 22 ao 31 de agosto: Gandarío "Natureza xunto ao mar"
    • do 3 ao 12 de setembro: Panxón "Natureza xunto ao mar"
  • de 19 a 25 anos:
    • do 3 ao 12 de xullo: Panxón "Natureza xunto ao mar"
    • do 13 ao 22 de xullo: Carballiño "Aventura na natureza"
    • do 8 ao 17 de agosto: Gandarío "Natureza xunto ao mar"
    • do 3 ao 12 de setembro: Gandarío "Natureza xunto ao mar"
  • de 26 a 50 anos:
    • do 3 ao 12 de xullo: Panxón "Natureza xunto ao mar"
    • do 3 ao 12 de xullo: Carballiño "Aventura na natureza"
    • do 8 ao 17 de agosto: Gandarío "Natureza xunto ao mar"
    • do 3 ao 12 de setembro: Panxón "Natureza xunto ao mar"
    • do 3 ao 12 de setembro: Carballiño "Aventura na natureza"
    • do 3 ao 12 de setembro: Gandarío "Natureza xunto ao mar"

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión