Inauguración da exposición “Colaxe mixta” na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano.
Para público en xeral
Dende o 07/02/2020 ata o 12/03/2020
Xa rematou
de luns a sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano
R/ Río Monelos, 1 (15006 A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Colaxe Mixta" da artista Miryam Pato (Ourense, 1985).
A proposta expositiva contempla unha serie de pezas plásticas, multimedia e escultóricas, traballadas baixo a técnica da colaxe analóxica. Como nun exercicio de reciclaxe, a artista rescata imaxes para darlles un novo sentido, revalorizandoas ata convertilas nunha peza artística.
As novas formas, buscan continuidade, por medo do contraste da luz, das cores e das texturas.
Miryam Pato é unha artista multidisciplinar nada en Ourense, e residente na Coruña, onde se formou en diferentes campos do sector audiovisual e das artes plásticas. Na actualidade experimenta novas técnicas, para o desenvolvemento de colaxes animados.
A exposición poderase visitar do 7 febreiro ata o 12 de marzo no Fórum Metropolitano.
A sala Plataforma14, que está coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible