Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Diálogos Internacionais Humboldt: os retos ambientais á luz das súas contribucións
A Autoridade Portuaria da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) acollen o evento dos DIÁLOGOS INTERNACIONAIS HUMBOLDT, onde expertos nacionais e internacionais abordarán os límites ambientais do Planeta e o papel estratéxico da Amazonia no seu equilibrio.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
26/05/2026
Horario:
De 10:00 a 14:00h.
Número de prazas:
Aforo limitado.
Prezo:
De balde.
Requisitos:
Necesaria inscrición previa no seguinte formulario ou no teléfono 981 630 618.
D. Martín Fernández Prado. Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.
D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CElDA).
D. Xosé A. Fraga Vázquez. Historiador e Divulgador da Ciencia.
10.30 -11.30 h - BLOQUE I : HUMBOLDT E OS LíMITES DO PLANETA
Os méritos de Alexander Von Humboldt para a climatoloxía mundial e para a forestación. D. Frank Holl. Historiador e xermanista (Munich). Director desde 2008 dos "Días de Ciencias de Munich", programa para a divulgación das ciencias.
Situación actual dos límites planetarios. D. Sebastian Villasante. Profesor e Investigador de Economía na Universidade de Santiago de Compostela e Natural Capital Fellow na Universidade de Stanford (USA).
11.30 - 12.00 h.- Pausa Café
12.00 -14.00 h - BLOQUE II: O FUTURO DO PLANETA: A AMAZONIA
As Reservas de Biosfera, unha ferramenta para a xestión do patrimonio natural e o progreso humano. D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
Gobernanza ambiental: leccións da Amazonia para as Reservas de Biosfera. Dna. Carla Siqueira Barbosa. Instituto de Desenvolvimento Florestal e Biodiversidade do Estado do Pará, Brasil.
Innovación Social e Territorial: O Centro de Saberes da Floresta como Estratexia de Sustentabilidade na Amazonia. Dna. Eliane Soares. Directora Executiva da Institución Casa do Río, Brasil.
Un pobo entre as augas, a floresta e os desafíos da conservación. Experiencias do Mosaico do Baixo Río Madeira. D. Márcio Alessandro Góes de Souza. Secretario de Medio Ambiente do Municipio de Borba, Brasil.
Desafíos e resiliencia das áreas protexidas na Amazonia. Dna. Ordilena Ferreira de Miranda. Coordinadora do Mestrado Profesional en Xestión de Áreas Protexidas na Amazonia. Instituto Nacional de Pesquisas da Amazonia, Brasil.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible