Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Entrega dos Recoñecementos ACAMPA á Defensa dos Dereitos Humanos 2025

A Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio organiza un acto público para facer entrega dos Recoñecementos ACAMPA á Defensa dos Dereitos Humanos 2025, no salón de actos da Fundación ONCE. Na Categoría Internacional, e como símbolo de todas/os as/os médicas/os e sanitarios/as de Gaza, recolle o recoñecemento o Dr. Refaat Alathamna. Na Categoría Galicia recolle o recoñecemento o oftalmólogo cisxordano Mohamed Safa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/12/2025

Horario:

11:45h.

Prezo:

entrada de balde até completar capacidade.

Páxina web:

redeacampa.org

Contacto:

Na Categoría Internacional, e como símbolo de todas/os as/os médicas/os e sanitarios/as de Gaza, recolle o recoñecemento o Dr. Refaat Alathamna, chegado a España hai uns días xunto á súa familia despois de lograr saír da Franxa de Gaza.

Na Categoría Galicia recolle o recoñecemento o oftalmólogo cisxordano Mohamed Safa, quen afincado desde hai décadas na nosa terra non deixou de defender e visibilizar os dereitos e a loita do seu pobo converténdose nun destacado referente da mesma.

Os Recoñecementos serán entregados polo cineasta Javier Fesser, que mediou para lograr traer a toda a familia de Refaat Alathamna a España, e por Susana Alaniz da Asociación Fuco Buxan.

Presentará o acto a actriz Cris Iglesias.

Actuación musical de: membros de Citania.

Lugar: Fundación ONCE R/ Cantón Grande, 3. 15003- A Coruña

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión