A Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio organiza un acto público para facer entrega dos Recoñecementos ACAMPA á Defensa dos Dereitos Humanos 2025, no salón de actos da Fundación ONCE. Na Categoría Internacional, e como símbolo de todas/os as/os médicas/os e sanitarios/as de Gaza, recolle o recoñecemento o Dr. Refaat Alathamna. Na Categoría Galicia recolle o recoñecemento o oftalmólogo cisxordano Mohamed Safa.
Para público en xeral
11/12/2025
11:45h.
entrada de balde até completar capacidade.
Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio
e-correo: acampa@redeacampa.org
www.instagram.com/Acampa_polapaz
Na Categoría Internacional, e como símbolo de todas/os as/os médicas/os e sanitarios/as de Gaza, recolle o recoñecemento o Dr. Refaat Alathamna, chegado a España hai uns días xunto á súa familia despois de lograr saír da Franxa de Gaza.
Na Categoría Galicia recolle o recoñecemento o oftalmólogo cisxordano Mohamed Safa, quen afincado desde hai décadas na nosa terra non deixou de defender e visibilizar os dereitos e a loita do seu pobo converténdose nun destacado referente da mesma.
Os Recoñecementos serán entregados polo cineasta Javier Fesser, que mediou para lograr traer a toda a familia de Refaat Alathamna a España, e por Susana Alaniz da Asociación Fuco Buxan.
Presentará o acto a actriz Cris Iglesias.
Actuación musical de: membros de Citania.
Lugar: Fundación ONCE R/ Cantón Grande, 3. 15003- A Coruña
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible