(IN)VISUAL é un novo ciclo de música audiovisual e prácticas dixitais contemporáneas impulsado pola Deputación da Coruña, no marco do CEI Lab, que terá lugar esta primavera en Coruña Estudio Inmersivo, na Cidade das TIC, onde antes se atopaba a antiga Fábrica de Armas da Coruña.
Para público en xeral
Dende o 02/05/2026 ata o 23/05/2026
A apertura de portas será ás 19:30 h e as experiencias comenzarán ás 20:00 h.
As entradas, gratuítas, cun depósito de 5 euros para a súa reserva, que serán reembolsados de xeito automático no momento do acceso, están xa dispoñibles a través da plataforma en liña Ataquilla.com
Impulsado pola Deputación da Coruña
(IN)VISUAL chegará esta primavera a Coruña Estudio Inmersivo (CEI), na Cidade das TIC de A Coruña, cun innovador ciclo de concertos audiovisuais inmersivos que convertirá este espazo nun punto de encontro entre arte, tecnoloxía e creación contemporánea. Impulsado pola Deputación da Coruña, o festival propón catro experiencias LIVE AV nas que son, imaxe e tecnoloxía se combinan en tempo real para ofrecer ao público unha vivencia sensorial e envolvente
PROGRAMACIÓN:
Sábado 2 de maio de 2026: MAOTIK presentará Between Lines.
Sábado 9 de maio de 2026: Marta Verde & José Venditti protagonizarán Prima Materia.
Sábado 16 de maio de 2026: Estela Oliva & Ana Quiroga levarán ao festival Azabache AV.
Sábado 23 de maio de 2026: MIL111 pechará o ciclo con Sin título 0.1.
LUGAR:
Coruña Estudio Inmersivo
Avenida de Pedralonga, 32, 15009 A Coruña
Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026
Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible