Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Fin de ano en Marrocos

A Asociación e Punto de Información Xuvenil Vento Norte Sur xa ten preparado o seu habitual programa de vacacións solidarias en Marrocos, con dúas accións: fin de ano no deserto e trekking solidario.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/12/2025 ata o 03/01/2026

Prezo:

  • Deserto: 540€. Inclúe: Ferry de ida (Almería - Nador) e volta (Nador -Almería) en camarote cuádrupla privado, bus de ida e volta e desprazamentos toda a semana, manutención, aloxamento e seguro de viaxe.
  • Trekking: 550€. Inclúe: Ferry de ida (Almería - Nador) e volta (Nador -Almería) en camarote cuádrupla privado, bus de ida e volta e desprazamentos toda a semana, manutención, aloxamento en albergues e casas familiares, guía de montaña, guía local e seguro de viaxe.

Requisitos:

  • A convocatoria está aberta para mozas de toda España de entre 16 e 36 anos.

Páxina web:

www.vientonortesur.org/

Contacto:

Vento Norte Sur

Praza Toledo s/n, baixo. 30009 Murcia

Tel. 630 683 008

Email info@vientonortesur.org

  • Fin de ano no deserto: Un intercambio cultural co pobo bereber marroquí. Unha experiencia única para vivir durante unha semana a esencia do deserto. O aloxamento será en Merzouga, un pequeno pobo bereber, seguro e tranquilo do sueste de Marrocos. A asociación Vento Norte Sur actúa nesta zona do deserto desde 2013 apoiando a varias asociacións locais. Entre elas atópase Aisha Danza Alma, asociación española que educa desde 2012 a nenos e adultos nómades que non teñen acceso á educación, e aproveita este tipo de viaxes para aprovisionar ao colexio construído por Aisha Danza Alma, os centros de saúde local e a familias nómades necesitadas achegando material de primeira necesidade.
  • Trekking solidario: Un percorrido a pé polo val do río Ou ́Unila, unión entre o deserto e o Alto Atlas. Nesta actividade, Vento Norte Sur colabora con asociacións locais prestando apoio material que será repartido entre os colectivos máis vulnerables dos poboados polos que pasa a ruta.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión