Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

II Festival Novo Enfoque

A Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade da Coruña acolle a segunda edición do Festival Novo Enfoque, un festival de cine independente creado polo colectivo Flowerfilled orientado a outorgar un espazo para a proxección das obras de cineastas e creadores noveis galegos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/12/2025 ata o 05/12/2025

Horario:

  • mércores 3: xornada de mañá desde as 11.30 h. e de tarde desde as 17.00 h.
  • xoves 4: xornada de mañá desde as 12.00 h. e de tarde desde as 17.00 h.
  • venres 5: xornada de mañá desde as 12.00 h. e de tarde desde as 18.00 h.

Prezo:

gratuito

Páxina web:

https://festivalnovoenfoqu.wixsite.com/festivalnovoenfoque

Contacto:

Máis de 30 proxectos proxectaranse en tres xornadas con seccións competitivas non competivivas, xunto coa preestrea da curtametraxe "Después de ti, más amor", de Gabriel Cerqueiro e os coloquios posteriores ás proxeccións:

  • Seccións competitivas:
    • Raiola, dedicada á ficción de imaxe real
    • Fouce, dedicada ao cine documental
    • Brío, dedicada ao videoclip
  • Seccións non competitiva:
    • Proxeccións de obras xa exhibidas en outros festivais relevantes como Intersección, Curtocircuíto ou Cans.
    • Arquivo Novo Enfoque, un espazo no que se proxectarán algúns dos traballos máis destacados da anterior edición.

LUGARFacultade de Ciencias da Comunicación da UDC (Campus de Elviña s/n (15071 - A Coruña)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión