Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa Conecta co Voluntariado en Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas que resida no exterior.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Verán 2026
Inscricións:
Ata o 04/05/2026
Requisitos:
Ter unha idade comprendida entre os 22 e os 30 anos o día 1 de xaneiro de 2026.
Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior.
Posuír a nacionalidade española.
Atoparse vinculada con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de tres meses.
Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
Remuneración / Dotación:
O programa inclúe os traslados en avión das persoas participantes residentes no estranxeiro, os gastos de aloxamento e manutención e os derivados do desenvolvemento das actividades.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR930C
Ofértanse 20 prazas para cada un dos campos de traballo seguintes:
Campo de voluntariado ambiental: desenvolveranse tarefas de adecuación do espazo ambiental mariño e costeiro na ría de Arousa (provincia de Pontevedra):
Datas: entre os días 23 de xullo ao 3 de agosto.
Aloxamento: no Albergue Xuvenil das Sinas (tendas de campaña), no concello de Vilanova de Arousa, en réxime de pensión completa.
Campo de voluntariado cultural: desenvolveranse tarefas de apoio ao equipo de escavación e mantemento do castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei (provincia de Lugo):
Datas: entre os días 26 de agosto ao 6 de setembro.
Aloxamento: no Hotel Río Lea (habitacións dobres), no concello de Castro de Rei, en réxime de pensión completa.
Destinaranse varios días completos e unha parte das xornadas a actividades complementarias, entre as que se incluirán percorridos e visitas a lugares de Galicia de especial relevancia histórica, patrimonial, ambiental e natural, diversos encontros en empresas e entidades públicas educativas e unha xornada conxunta na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela. Tamén haberá momentos de tempo libre e veladas e outras accións de animación que favorezan a integración e a amizade entre as mozas e os mozos dos distintos lugares de procedencia e o intercambio cultural.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible