O Quiosco Alfonso acolle a mostra Seica na Coruña, do artista Xesús Carballido. A exposición está formada por unhas cen pezas, a súa maioría colaxes.
Para público en xeral
Dende o 08/10/2025 ata o 08/12/2025
Luns a domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.
Gratis
Quiosco Alfonso
Xardíns de Méndez Núñez Nº3
15003 - A Coruña
Tel: 981 189 897
E-correo: kioscoalfonso@coruna.gal
"Seica" está conformada por case cen pezas, no seu maior parte colaxes, a especialidade do autor, pero tamén hai ensamblaxes e outros obxectos. Nesta, como noutras exposicións individuais e colectivas do autor, apréciase o seu gusto polo emprego de pequenos obxectos para crear a súa obra, desde tipos de imprenta ata ferro forxado ou cunchas, sen esquecer etiquetas de produtos comerciais, entre outros aparellos. O seu proceso creativo toca de moitos lados, de diferentes técnicas, de cousas que atopa, dun libro que cae nas súas mans... Unha vez descuberto o punto de partida dunha obra, o artista entra na colaxe cunha idea pero logo evoluciona cara outros mundos, cara o que a propia obra vaille pedindo.
Nese sentido, o artista traballa cunha linguaxe profundamente persoal, recuperando obxectos da vida cotiá para integralos e compoñer dunha forma equilibrada unha nova obra de arte. Trátase de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando recordos e ideas. A mostra componse dun centenar de obras do artista, entre as que se atopan series de temática variada. Pretende con ela, facer unha antoloxía da súa traxectoria artística e persoal. Son froito de toda unha vida dedicada á arte e pola que pasaron centos, miles, de obxectos e documentos nos que viu un "algo", unha "parte", sustancia para conformar ou crear unha obra de arte. Son o reflexo dunha sensibilidade, dunha perspectiva única, dun artista único e distinto.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible