A Fundación Galicia Europa organiza o próximo mércores 17 de xuño ás 16.00 h, o seu segundo webinar gratuito dirixido a mozas e mozos que queiran emprender e aprender de persoas empresarias experimentadas noutros países.
Para público en xeral
17/06/2020
Xa rematou
Ata o 16/06/2020
OFICINA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rúa do Hórreo, 61
15701 Santiago de Compostela
Tel: +34 981 541012 santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu
OFICINA DE BRUXELAS
Rue de la Loi, 38 2°
1040 Bruxelles
Tel: +32 2 7355440
bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
Este webinar forma parte da iniciativa #Euroxuventude, froito da colaboración entre a FGE e a Dirección Xeral Xuventude da Xunta de Galicia para informar aos mozos e mozas galegas sobre as oportunidades que ofrece a UE. O seminario tamén está dirixido a xoves do norte de Portugal como consecuencia da participación da FGE en varios proxectos de cooperación transfronteiriza no eido da mocidade.
Presentaremos o Programa Erasmus para Emprendedores (EYE) que ofrece a todos estes sectores da poboación unha gama de oportunidades afíns aos seus intereses. O intercambio de experiencias prodúcese no marco de estancias con persoas empresarias experimentadas durante as cales os novos emprendedores poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa. As emprensas ou emprendedores anfitrións benefícianse dunha nova perspectiva sobre o seu negocio e adquiren a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou coñecer novos mercados.
Tamén presentaremos Coworking LUG2 un espazo onde se aloxan emprendedores creativos coa posibilidade de participar na creación de proxectos comúns e LUG OPEN FACTORY un proxecto integral para Galicia baseado na creatividade. É tamén un Servizo Xuvenil e de desenvolvemento dun modelo para apoiar a creación de empresas sociais e creativas en novas contornas a través do empoderamiento dos mozos para que presenten solucións a problemas sociais do futuro.
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible