35 resultados

Dende o 06/08/2026 ata o 28/08/2026
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de agosto. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

Dende o 14/08/2026 ata o 15/08/2026
FEC é un festival de música electrónica que se celebra no anfiteatro do parque de Santa Margarida, na Coruña, dentro da programación das festas da cidade.

ata o 31/07/2026
Aberto o prazo de preinscrición nas actividades do curso 2026/2027. A entidade anima á veciñanza a participar nunha programación que combina saúde, formación, cultura e lecer entre os meses de outubro e xuño.

09/08/2026
A segunda edición do Mercado dos Faros regresa á Coruña o próximo 9 de agosto, na sala e terraza Miramar do Hotel NH Colletion Finisterre. Un mercado que reúne 25 propostas únicas inspiradas no mar: productos con sabor, con arte e coas cores e texturas do Atlántico.

Dende o 05/08/2026 ata o 09/08/2026
Na 39 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia o público poderá gozar de máis de 40 artistas en 7 escenarios diferentes espallados por toda a cidade. Como principal novidade, este ano contará tamén cunha exposición sobre creación artística e memoria musical na Casa Museo Casares Quiroga, do 30 de xullo ao 8 de agosto e onde se poderán contemplar, entre outras obras, todos os deseños dos carteis das anteriores edicións.

Dende o 27/07/2026 ata o 04/08/2026
O Concello da Coruña oferta varias actividades deportivas e de lecer co fin de promover o lecer positivo na poboación nova. Esta iniciativa promovida pola Concellaría de Benestar Social, Participación e Igualdade forma parte da programación de actividades estivais de carácter gratuíto promovidas desde o Concello aproveitando a pausa lectiva no verán.

O Concello da Coruña vén de abrir a fase de votación dos Orzamentos Participativos 2026-2027. Todas as persoas empadroadas na cidade que teñan 16 anos cumpridos poderán votar ata o 31 de agosto entre as 100 propostas que superaron o filtrado de admisibilidade e a posterior valoración técnica e económica.

27/09/2026
Xa están abertas as inscricións para a XIV Carreira da Muller da Coruña “Central Lechera Asturiana”. Será a sexta proba do XXII Circuíto Carreira da Muller “Central Lechera Asturiana”. Estará organizado pola área de EVENTOS DEPORTES do grupo Sport Life Ibérica, S.A., coa colaboración do Concello da Coruña.

Dende o 16/07/2026 ata o 22/08/2026
A Sede Afundación A Coruña acolle «Luces en la oscuridad. Del eclipse a las maravillas del universo». Na mostra, exhíbense 23 imaxes cuxo obxectivo é ensinar os segredos que oculta o universo e a beleza que envolve as eclipses e explicar con datos e desde un punto de vista científico que ocorre no espazo cando se producen estes fenómenos astronómicos.

Dende o 11/09/2026 ata o 27/12/2026
Doce espectáculos forman o novo ciclo do Teatro Rosalía de Castro.
resultados 35
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible