38 resultados

entre os meses de xuño e setembro.
Ata o 30/10/2026
O Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD) convoca bolsas para realizar cursos de verán en universidades alemás durante o ano 2027.

Ata o 09/11/2026
O Concello da Coruña convoca as axudas dirixidas a persoas residentes no termo municipal da Coruña, cunha discapacidade que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.

Ata o 22/10/2026
A Mesa do Senado convoca bolsas de formación sobre comunicación institucional interna e externa relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2027, con destino na Dirección de Comunicación e dirixidas a mozas con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

Ata o 29/10/2026
A Mesa do Senado convoca bolsas de formación xurídico-política relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2027, con destino na Dirección de Estudos e dirixidas a mozos con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

Ata o 29/10/2026
A Mesa do Senado convoca dez bolsas de formación archivística, documental e bibliotecaria, relacionada coa actividade oficial do Senado para o ano 2027, con destino na Dirección de Documentación e dirixidas a mozas con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

Ata o 16/10/2026
O programa concede axudas de ata 5.000 euros, para que persoas con discapacidade con titulación universitaria leven a cabo a preparación das probas selectivas de acceso a corpos ou escalas do grupo de clasificación profesional “A” (A1 ou A2) da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais.

Ata o 22/10/2026
A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade fai pública esta convocatoria de préstamo de ordenadores portátiles destinada ao estudantado matriculado na Universidade da Coruña (UDC) no curso 2026/27 en titulacións oficiais de grao e mestrado que se atope en situación de dificultade e non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas ao longo do curso.

Dende o 14/09/2026 ata o 16/11/2026
A Bolsa Joana Biarnés para Mozas Fotoperiodistas permite desenvolver investigacións fotoperiodísticas en profundidade, dentro do territorio estatal, acerca de temas sobre os que a nosa sociedade necesita reflexionar.

Ata o 21/10/2026
ata as 13:00h.
Fundación Mutualidade convoca 150 bolsas para estudantes que estean matriculados/as ou cursando o Máster Universitario de Acceso ás profesións de avogacía e procura durante o curso académico 2026/2027 en calquera das escolas de práctica xurídica, universidades e centros do territorio do Estado español.

Ata o 15/10/2026
A Fundación Andersen Iberia convoca o Programa de Bolsas Andersen Scalae Universidad, que ofrece oito bolsas de 6.000 euros anuais dirixidas a mozos e mozas con menos oportunidades e excelentes expedientes académicos. As axudas están destinadas a facilitar o acceso, a permanencia e a finalización de estudos universitarios oficiais de Grao en España ou Portugal, e compleméntanse con titoría e mentoría profesional, apoio psicolóxico e oportunidades de empregabilidade.
resultados 38
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible