Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
24 bolsas de formación no ámbito das competencias da Fundación Biodiversidade
A Fundación Biodiversidade, F.S.P., convoca bolsas de formación destinadas a persoas con titulación universitaria, de formación profesional ou certificado de profesionalidade no ámbito das competencias da Fundación.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 05/06/2026
Duración:
Máximo 12 meses.
Requisitos:
Ter nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión Europea ou estranxeiros/as residentes en España.
Título de grao universitario, de formación profesional ou certificado de profesionalidade relacionado coas materias e especialidades das bolsas.
Bolsas da área de Conservación e Restauración de Ecosistemas: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras) e de Ciencias Sociais e Xurídicas (Económicas, Empresariais, Políticas e da Administración e outras).
Bolsas da área de Economía Azul e Capacidades para a Transición Ecolóxica: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras) e de Ciencias Sociais e Xurídicas (Económicas, Empresariais, Políticas e da Administración e outras).
Bolsas da área de Cidades: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras). Tamén candidaturas con outras titulacións de Grao universitario que complementasen a súa formación cun máster en xestión relativo a todos estes aspectos (xestión ambiental, urbana ou similar).
Bolsas da área de Investigación e Adaptación ao Cambio Climático: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ciencias Ambientais, Bioloxía e outras afíns). Tamén candidaturas con outras titulacións de Grao universitario que complementasen a súa formación cun máster en Xestión Ambiental.
Bolsas da área de bioeconomía: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras). Tamén candidaturas con outras titulacións de Grao universitario que complementasen a súa formación cun máster en Xestión Ambiental.
Bolsas da área de Comunicación: titulación de Grao universitario en materia de comunicación (Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Comunicación audiovisual, Ciencias da Información, etc.)
Bolsas da área de Secretaría Xeral: titulación de Grao universitario en Dereito.
Bolsas da área de Calidade e Estudos: titulación de Grao universitario en Dereito e/ou Grao universitario en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.
Bolsas da área Económica e de Capital Humano: titulación de Grao Superior en Administración e Finanzas.
Finalizar os estudos nos tres útlimos anos anteriores.
Remuneración / Dotación:
A persoa beneficiaria poderá optar por algunha das seguintes modalidades:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible