Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas REGA 2026 | Residencias artísticas do Gaiás
A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, convoca seis axudas para o desenvolvemento de proxectos artísticos con acompañamento de mentoría a través de residencias. Poderán participar creadoras e creadores con proxectos vinculados ás artes visuais,
escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e artística, e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos no seu proceso. A escolma será realizada en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
As residencias terán lugar entre os meses de setembro e novembro de 2026.
Inscricións:
Ata o 08/05/2026
Requisitos:
Poderá participar nesta convocatoria calquera persoa física, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas, que desenvolva un proxecto artístico, vencellado ás artes visuais, escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos.
Estas persoas deberán desenvolver as residencias de traballo nos espazos dispoñibles para este labor na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, sempre que cumpra cos seguinte requisitos:
Cada proxecto pode ser presentado por unha persoa física individual, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas. Cada participante poderá presentar unha única solicitude e non se poderá optar a máis dunha axuda por solicitude. Os proxectos serán de creación específica, orixinais e inéditos.
De non cumprir con algún dos requisitos ou non poder executarse dentro do prazo determinado pola convocatoria, o proxecto quedará automaticamente excluído, e procederá a devolución das cantidades xa desembolsadas da axuda.
Remuneración / Dotación:
Se realizará unha selección dun máximo de 6 proxectos.
Cada proxecto seleccionado recibirá unha axuda de oito mil euros (8.000,00 €). Nesta cantidade inclúense o seu desenvolvemento, os gastos de transporte, estadía, manutención e posibles gastos de presentación pública do proxecto. Se o conxunto dos gastos que ocasionase a residencia for maior, a axuda non será superior á cantidade indicada. O importe da axuda estará suxeito ás retencións que sexan de aplicación e as persoas beneficiarias non terán ningún outro dereito de carácter económico.
A Fundación porá á disposición das persoas beneficiarias en calquera dos seis proxectos o seguinte:
O espazo de traballo para poder ser utilizado un mínimo de tres semanas e un máximo de seis semanas, en condicións axeitadas para o seu uso, con conexión wifi, seguridade, limpeza e climatización.
Os recursos humanos propios de seguimento técnico de cada proxecto, segundo a dispoñibilidade e horario pactados de común acordo coas persoas beneficiarias dos proxectos seleccionados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible