Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Axudas REGA 2026 | Residencias artísticas do Gaiás

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, convoca seis axudas para o desenvolvemento de proxectos artísticos con acompañamento de mentoría a través de residencias. Poderán participar creadoras e creadores con proxectos vinculados ás artes visuais, escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e artística, e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos no seu proceso. A escolma será realizada en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

As residencias terán lugar entre os meses de setembro e novembro de 2026.

Inscripciones:

Hasta el 08/05/2026

Requisitos:

  • Poderá participar nesta convocatoria calquera persoa física, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas, que desenvolva un proxecto artístico, vencellado ás artes visuais, escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos.
  • Estas persoas deberán desenvolver as residencias de traballo nos espazos dispoñibles para este labor na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, sempre que cumpra cos seguinte requisitos:
    • Cada proxecto pode ser presentado por unha persoa física individual, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas. Cada participante poderá presentar unha única solicitude e non se poderá optar a máis dunha axuda por solicitude. Os proxectos serán de creación específica, orixinais e inéditos.
    • De non cumprir con algún dos requisitos ou non poder executarse dentro do prazo determinado pola convocatoria, o proxecto quedará automaticamente excluído, e procederá a devolución das cantidades xa desembolsadas da axuda.

Remuneración / Dotación:

  • Se realizará unha selección dun máximo de 6 proxectos.
  • Cada proxecto seleccionado recibirá unha axuda de oito mil euros (8.000,00 €). Nesta cantidade inclúense o seu desenvolvemento, os gastos de transporte, estadía, manutención e posibles gastos de presentación pública do proxecto. Se o conxunto dos gastos que ocasionase a residencia for maior, a axuda non será superior á cantidade indicada. O importe da axuda estará suxeito ás retencións que sexan de aplicación e as persoas beneficiarias non terán ningún outro dereito de carácter económico.
  • A Fundación porá á disposición das persoas beneficiarias en calquera dos seis proxectos o seguinte:
    • O espazo de traballo para poder ser utilizado un mínimo de tres semanas e un máximo de seis semanas, en condicións axeitadas para o seu uso, con conexión wifi, seguridade, limpeza e climatización.
    • Os recursos humanos propios de seguimento técnico de cada proxecto, segundo a dispoñibilidade e horario pactados de común acordo coas persoas beneficiarias dos proxectos seleccionados.
    • Persoa mentora que acompañará cada proxecto.

Página web:

https://www.cidadedacultura.gal

Contacto:

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia

Edificio CINC, 3º andar. Monte Gaiás, s/n 15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono (+34) 881 997 564

cidade.cultura@xunta.gal

Publicación: DOG 08/04/2026

ProcedementoCT898A 

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión