Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas para participar no programa nacional "Centros de Educación Ambiental"

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para complementar a educación ambiental do alumnado de ensinos non universitarios a través de actividades nos centros de educación ambiental de Viérnoles (Cantabria) e Villardeciervos (Zamora).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/12/2025

ás 12:00 horas.

Duración:

Quendas semanais de cinco días cada un, de luns pola mañá a venres pola tarde

Requisitos:

  • Alumnado de centros docentes españois sostidos con fondos públicos que cursen algunha dos seguintes ensinos:
    • 5º e 6º de Educación Primaria.
    • 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
    • 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
    • Ensino Básico Obrigatorio (EBO 2 e 3), con idades entre 10 e 17 anos.
  • Os centros que desexen participar nesta convocatoria, deberán solicitalo a través da dirección do mesmo, formando grupos de 20 a 23 estudantes, que serán acompañados por dous docentes dos que habitualmente lles imparten clase, incluíndo se é posible un titor ou titora.
  • Presentar un proxecto de participación orixinal do centro, específico para esta convocatoria e adaptado ao nivel do grupo destinatario.

Remuneración / Custo:

Inclúe os gastos de desenvolvemento e loxística da actividade, seguro de accidentes e responsabilidade civil para o alumnado, profesorado participante e persoal organizador. O traslado dos participantes desde o seu lugar de residencia ata o Centro de Educación Ambiental e viceversa non está incluído nas axudas e correrá a cargo dos interesados.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17. 28014 Madrid.

Correo electrónico: programas@educacion.gob.es

Publicación:

BOE 03/12/2025 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 872328

16 quendas:

  • Período de primavera, 8 semanas, entre o 16 e 27 de marzo, e entre o 13 de abril e o 22 de maio de 2026.
  • Período de outono, 8 semanas, entre o 21 de setembro e o 13 de novembro de 2026.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión