Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas para participar no programa nacional Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados durante o período lectivo de 2026
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para participar no programa nacional Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados en Granadilla (Cáceres), Umbralejo (Guadalaxara) e Búbal (Huesca).
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 22/12/2025
ás 12:00h.
Requisitos:
Alumnado de centros docentes españois sostidos con fondos públicos, que curse algunha dos seguintes ensinos:
3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
Bacharelato, Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional e Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos.
Transición á vida adulta e formación profesional para alumnado con necesidades educativas especiais.
A idade dos estudantes participantes non poderá, en ningún caso, ser superior a 21 anos no momento de realización da actividade.
Os centros que desexen participar nesta convocatoria deberán solicitalo a través da dirección do mesmo, formando grupos de 20 a 25 estudantes, que serán acompañadospor dous docentes dos que habitualmente lles imparten clase, incluíndo se é posible un titor ou titora.
Presentar un proxecto de participación que deberá ser orixinal do centro, específico para esta convocatoriay adaptado ao nivel do grupo destinatario.
Remuneración / Dotación:
Inclúe os gastos de desenvolvemento e loxística da actividade dos grupos participantes e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. O traslado dos participantes desde o lugar de residencia ata o pobo no que se desenvolva a actividade e viceversa, non está incluído nas axudas e correrá a cargo dos interesados.
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 872453
POBOS DE GRANADILLA (CÁCERES) E UMBRALEJO (GUADALAXARA): axudas para un máximo de 64 centros docentes españois compostos de 20 a 25 alumnos e 2 profesores, durante 16 quendas:
Período de primavera, 8 semanas, entre o 15 e 28 de marzo e entre o 12 de abril e o 23 de maio de 2026.
Período de outono, 8 semanas, entre o 20 de setembro e o 14 de novembro de 2026.
POBO DE BÚBAL (HUESCA): axudas para un máximo de 20 centros docentes españois compostos de 20 a 25 alumnos e 2 profesores, durante 10 quendas:
Período de primavera: 6 semanas, comprendidas entre o 12 de abril e o 22 de maio de 2026.
Período de outono: 4 semanas, comprendidas entre o 20 de setembro e o 16 deoctubre 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible