Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas do Goberno Chinés 2026-2027

O Ministerio de Educación da República Popular China, de acordo co Plan Executivo subscrito co Goberno español, convoca 10 novas bolsas para o curso académico 2026-2027 para 5 modalidades de programas: Xeneral Scholar, Bachelor, Master's, Doutoral e Senior Scholar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/12/2025

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou dun país da UE (neste último caso acreditar residencia actual en España) e gozar de boa saúde.
  • Cumprir cos requisitos específicos esixidos para a modalidade de bolsa escollida entre as seguintes 5 modalidades:
    • 1. Xeneral Scholar Program (programa de curso de chinés): ser menor de 45 anos e posuír o título oficial de Bacharel ou FP de Grao Superior
    • 2. Bachelor Program (programa de grao completo): ser menor de 25 anos, posuír o título oficial de Bacharel e presentarse ao exame "China Scholastic Competency Assessment (CSCA)".
    • 3. Master´s Program (programa de máster): ser menor de 35 anos e posuír un título de Grao afín á área de coñecemento do programa de Master's Program que se solicita
    • 4. Doutoral Program (programa de doutoramento): ser menor de 40 anos e posuír un título de Máster afín á área de coñecemento do programa de Doutoramento que se solicita
    • 5. Senior Scholar Program (programa de estancia de investigación): ser menor de 50 anos e posuír o título de máster ou ser Profesor Titular do mesmo nivel ou superior.
  • Cumprir cos requisitos de idiomas establecidos:
    • - para os solicitantes da modalidade Xeral Scholar Program que queiran estudar chinés, non é obrigatorio estar en posesión de certificado HSK3/4.
    • - para os solicitantes que elixan chinés como lingua de instrución e soliciten a modalidade Xeral Scholar Program (excepto os que se especializan na aprendizaxe de lingua chinesa) e os que soliciten a modalidade Senior Scholar Program deben estar en posesión de certificado HSK3. Para os que soliciten a modalidade Master"s Program e Doutoral Program deben estar en posesión de certificado HSK4.
    • - para os solicitantes con lingua de instrución que non sexa chinés, deberán proporcionar certificado de aptitude lingüística de acordo cos requisitos das universidades, acéptanse tales como IELTS, TOEFL ou Cambridge.
  • Achegar a documentación requirida para cada programa:
    • - todos os documentos achegados polo solicitante deben estar en español, e en inglés ou en chinés. En caso de non ser así, débese achegar a tradución oficial
    • - os solicitantes menores de 18 anos deben presentar os documentos válidos dos seus titores legais en China.

Remuneración / Dotación:

As bolsas inclúen matrícula e aloxamento gratuíto e o correspondente estipendio mensual:

  • - estudantes de pregrado: CNY 2.500 por mes
  • - estudantes de mestría: CNY 3.000 por mes
  • - estudantes de doutoramento: CNY 3.500 por mes

Páxina web:

www.sepie.es/internacionalizacion/convocatorias.html

Contacto:

- para consultas durante o proceso de preselección:

SEPIE (Unidade de internacionalización)

Tel: 91 760 36 04

correo-e: programs.int@erasmusplus.gob.es

- para outras consultas:

Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada da República Popular China en España

Tel: 913 883 988

correo-e: xbyjy@moe.edu.cn

SOLICITUDES: só se poderán realizar de maneira telemática, tanto na web do CSC como na web do SEPIE:

A web do Consello de Bolsas do Ministerio de Educación de China contén máis información acerca das modalidades de solicitude (Grao, Master, idioma, etc.): www.chinesescholarshipcouncil.com

A web do Servizo Español para a Internacionalización da Educación dispón dun apartado de Preguntas Frecuentes: www.sepie.es/doc/internacionalizacion/becas/china/2025/preguntas_frecuentes_2026.pdf

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión